Partido Regionalista de Castilla y León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Regionalista de Castilla y León
Logo
Tipopartido político
IdeoloxíaRexionalismo castelán e leonés
Data de fundación2012
SedeAranda de Duero
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Partido Regionalista de Castilla y León (Partido Rexionalista de Castela e León en galego) (PRCAL) é un partido político español creado polo groso da militancia e cargos públicos do extinto Partido de Castela e León (PCAL) despois de abandonar esta denominación a formación Partido Castellano na que se integraba[1], proveniente da refundación de Tierra Comunera, é un partido rexionalista e castelanista da comunidade autónoma de Castela e León.

Definición[editar | editar a fonte]

O PRCAL defínese como un partido rexionalista, independente, e alternativo ao bipartidismo PP-PSOE, así como defensor do patrimonio histórico, cultural e ambiental de Castela e León.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2010 trala eliminación do Partido de Castilla y León (PCAL) que operaba na comunidade de Castela e León, polo congreso do Partido Castellano pretendendo que en Castela e León se cambiase o nome a Partido Castellano (PCAS), a mesma denominación que nas comunidades de Madrid e Castela-A Mancha, a maioría de cargos públicos electos baixo as siglas PCAL nunha reunión en Torquemada, (Palencia) deciden crear un novo partido cuxa denominación e política reflicta a particularidade e as necesidades da comunidade de Castela e León. Tralo rexistro do partido celebrouse o congreso fundacional en decembro de 2012 en Burgos.[2] O liderado do partido dende a súa fundación está en mans de José Ignacio Delgado Palacios, alcalde de Caleruela (Burgos).

O Partido Regionalista de Castilla y León uniuse como membro de dereito á Confederación de Agrupacións Políticas Independentes (CAPI) en xuño de 2013.[3] En abril de 2014, a confederación de partidos CAPI subscribiu un acordo de colaboración con Ciutadans (C'S) para presentarse xuntos en coalición ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014[4][5]. Por esta razón o Partido Regionalista de Castilla y León participou nas eleccións europeas dese ano en coalición con Ciutadans do mesmo modo que fixeron todos os demais partidos pertencentes a CAPI. A obtención de dous deputados pola coalición satisfixo o partido.[6]

O PRCAL anunciou publicamente a súa intención de integrarse en Ciutadans e deste modo presentarse dentro dunha candidatura a nivel nacional de Ciutadans nas eleccións autonómicas e municipais do ano 2015. Esta decisión tomouse tralo congreso do partido en setembro do 2014 en Boecillo (Valladolid). Os bos resultados,que obtivo Ciutadans nas eleccións europeas, animaron os membros deste partido a tomar esta decisión.[7]

O PRCAL votou na asemblea do partido a finais de setembro de 2014 solicitar a súa integración en Ciudadanos[7][8]. Finalmente o partido tomou a decisión de disolverse a finais dese mes de setembro, pasando os seus afiliados e as súas agrupacións locais e provinciais a formar parte do partido político Ciudadanos[9].

Cargos públicos e implantación territorial[editar | editar a fonte]

Na provincia de Ávila alcalde en Lanzahita, concelleiros en Becedas, Gilgarcía, Candeleda, Castellanos de Zapardiel, El Hoyo de Pinares, El Tiemblo, Fontiveros, Hoyos del Espino, La Horcajada, La Torre, Mamblas, Mesegar de Corneja, Pedro Bernardo, Poyales del Hoyo, San Bartolomé de Pinares e Sotillo de la Adrada.

Na provincia de Burgos alcaldes en Alcocero de Mola, Arauzo de Miel, Caleruega, Castrillo Matajudios, Pancorbo, Peñaranda de Duero, Pinilla Trasmonte, Rabanera del Pinar, Rublacedo de Abajo, Saldaña de Burgos, Villaldemiro, Villamiel de la Sierra, alcaldes pedáneos en Doña Santos e Ircio, concelleiros en Aranda de Duero, Briviesca, Lerma, Medina de Pomar, Melgar de Fernamental, Roa de Duero e Salas de los Infantes.

Na provincia de Palencia alcalde en La Puebla de Valdavia, alcaldes pedáneos en Becerril del Carpio, Lebanza, Olleros de Paredes Rubias, Población de Soto, Relea de la Loma, Velilla de la Peña, Villalafuente e Villambroz, Concelleiros en Frómista, Fuentes de Valdepero, Guardo, Herrera de Valdecañas, Hontoria de Cerrato, La Pernía, Magaz de Pisuerga, Osorno e Pedrosa de la Vega.

Na provincia de Valladolid concelleiros en Boecillo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Burgos, El Correo de. "La «deriva al nacionalismo» aboca a la escisión al Partido Castellano". El Correo de Burgos (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  2. Burgos, El Correo de. "La presentación del PRCAL oficializa la escisión en el Partido Castellano". El Correo de Burgos (en castelán). Consultado o 2019-02-02. 
  3. "El Partido Regionalista de Castilla y León (PrCAL) se incorpora formalmente a la Confederación de Agrupaciones Políticas Independientes (CAPI)". web.archive.org. 2014-05-29. Archived from the original on 29 de maio de 2014. Consultado o 2019-02-02. 
  4. "PRCAL forma coalición con Ciudadanos en las Europeas". Las noticias de Burgos según suceden. Un nuevo periodismo en Burgos - BurgosConecta.es (en castelán). 2014-05-04. Consultado o 2019-02-02. 
  5. Press, Europa (2014-05-04). "La concejal de Boecillo (Valladolid) María Ángeles Rincón concurrirá en la candidatura de Ciudadanos". www.europapress.es. Consultado o 2019-02-02. 
  6. "CAPI se felicita por los dos eurodiputados conseguidos por Ciudadanos-C´S". web.archive.org. 2014-05-29. Archived from the original on 29 de maio de 2014. Consultado o 2019-02-02. 
  7. 7,0 7,1 "PRCAL solicita la integración en Ciudadanos. : PRCAL – Partido Regionalista de Castilla y León". web.archive.org. 2014-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2014. Consultado o 2019-02-02. 
  8. Burgos, Diario de (2014-06-05). "El Prcal planteará en una asamblea su posible integración en Ciudadanos". Diario de Burgos (en spanish). Consultado o 2019-02-02. 
  9. "Ciudadanos echa a andar en Palencia tras la autodisolución del Prcal". Diario Palentino (en castelán). 2014-11-15. Consultado o 2019-02-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]