Provincia de Varese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia di Varese
País Flag of Italy.svg Italia
Rexión Flag of Lombardy.svg Lombardía
Capital Varese
Área 1.199 km²
Poboación 877.912 (2010)
Densidade 732 hab/km²
Municipios 141
Matrícula VA
Código postal 21100, 21010-21059
Prefixo telf. 02, 0331, 0332
Presidente Dario Galli (Lega Nord) 15.04.2008
Varese posizione.png
Situación da Provincia de Varese en Italia

Varese é unha provincia da rexión de Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Varese.

Ten unha área de 1.199 km2, e unha poboación de 848.606 habitantes (2006). Hai 141 municipios na provincia.

A provincia de Varese atópase baixo os Alpes, de forma que as montañas constitúen a maioría do territorio; outros sinais característicos son os ríos (como o Tesino e o Olona) e os lagos glaciares Maggiore, Lugano, Varese e outros lagos máis cativos (os sete lagos varesinos). A parte sur da provincia áchase sobre a chaira padana.

Limita polo norte e polo leste con Suíza, co cantón de Tesino, polo leste coa provincia de Como, polo sur coa provincia de Milán e polo oeste coas provincias piemontesas de Novara e do Verbano Cusio Ossola.

As principais cidades da provincia son Varese e Busto Arsizio, con máis de 80.000 habitantes cada unha.

A provincia de Varese foi instituída por Benito Mussolini en 1927. Até ese ano as comunas da provincia de Varese formaban parte da de Como, excepto as do sur (Busto Arsizio, Gallarate, Saronno etc.), que pertencían á provincia de Milán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]