Provincia de Milán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia di Milano
País Flag of Italy.svg Italia
Rexión Flag of Lombardy.svg Lombardía
Capital Milán
Área 1.575 km²
Poboación 3.127.047 (2010)
Densidade 1.985 hab/km²
Municipios 134
Matrícula MI
Código postal Milán: 20121-20162 Resto: 20010-20099
Prefixo telf. 02, 0331, 0363, 0371
Presidente Guido Podestà (PDL) 22.06.2009
Milano posizione.png
Situación da Provincia de Milán en Italia

Milán (en italiano Milano, Milàn no lombardo occidental) é unha provincia da rexión de Lombardía (Italia). A súa capital é a cidade de Milán.

Antes da creación da provincia de Monza e Brianza, a provincia de Milán tiña unha área de 1.984 km², unha poboación duns 3.707.000 habitantes, e contaba con 189 comunas. A nova provincia de Monza e Brianza creouse con parte da provincia de Milán, e está efectiva desde o 2009. Así Milán perdeu 55 concellos cunha poboación duns 750.000 habitantes e unha área duns 400 km².

Limita polo norte coa provincia de Varese e a provincia de Monza e Brianza, polo leste coa provincia de Bérgamo, polo sueste coa provincia de Cremona e a provincia de Lodi, polo sudoeste coa provincia de Pavía, e polo oeste coa provincia de Novara (Piemonte). Tamén ten un exclave, a comuna de San Colombano al Lambro, entre as provincias de Lodi e Pavía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]