Provincia de Trieste
| País | |
| Rexión | Friuli-Venecia Xulia |
| Capital | Trieste |
| Área | 212 km² |
| Poboación | 231.686 [1] (setembro de 2012) |
| Densidade | 1.115,81 hab/km² |
| Municipios | 6 |
| Matrícula | TS |
| Código postal | 34000-34100 |
| Prefixo telf. | 040 |
| Presidente | Maria Teresa Bassa Poropat (L'Unione) 07.05.06 |
| Situación da Provincia de Trieste en Italia | |
Trieste (en esloveno Tržaška) é unha provincia da rexión do Friuli-Venecia Xulia, en Italia. A súa capital é a cidade de Trieste.
Ten unha área de 212 km2, (a máis pequena das provincias de Italia) e unha poboación total de 240.000 habitantes (2001). Hai 6 municipios na provincia.
Índice |
Historia [editar]
O territorio corresponde a un hinterland de Trieste, que formou parte do Imperio austrohúngaro e despois da Primeira Guerra Mundial, foi posta baixo administración italiana. Foi capital do Estado libre de Trieste, creado polo tratado de paz de París de 1947, e que abranguía a cidade e unha pequena zona desde Duino até Cittanova (Novigrad), e foi dividido en dúas zonas: a zona A, no Norte, administrada polo Reino Unido, Francia e os EUA, na cal estaba incluída a cidade de Trieste, e a zona B, no Sur, administrada por Iugoslavia. O tratado de Londres de 1954 puxo fin ao estado de Trieste: a zona A pasou a formar parte de Italia, e a zona B, de Iugoslavia. En 1975 Italia e Iugoslavia asinaron preto de Osimo un tratado que pechou a cuestión fronteiriza de Trieste.
Linguas [editar]
O italiano, lingua oficial do estado italiano, fálase por toda a provincia. Na cidade de Trieste moita xente fala o triestino, un dialecto veneciano, en Trieste e en Muggia falouse o tergestino, un dialecto arcaico do friulano pero desapareceu completamente a mediados do século XIX. Estímase que 21% da poboación da provincia fala o esloveno [2] que está recoñecido pola lexislación italiana nos seis concellos da provincia, aínda que non se aplica nos sinais bilingües no centro da cidade de Trieste nin na vila de Muggia[3]. Nas escolas ensínase o esloveno estándar aínda que na provincia tradicionalmente se falan tres dialectos diferentes, o dialecto kras nos concellos de Duino-Aurisina e Sgonico e nas localidades de Barcola, Prosecco e Contovello que pertencen ao concello de Trieste; o dialecto de Carniola Interior fálase no concello de Monrupino e nas localidades de Opicina, Trebiciano, Padriciano e Basovizza do concello de Trieste, por último o dialecto istriano fálase no concello de San Dorligo della Valle na zona rural de Muggia e no sueste do concello de Trieste, especialmente en Servola.
Notas [editar]
- ↑ Statistiche demografiche ISTAT
- ↑ Slovenian in Italy
- ↑ Decreto del Presidente della Repubblica 12 settembre 2007