Provincia de Messina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| País | |
| Rexión | |
| Capital | Messina |
| Área | 3.247 km² |
| Poboación | 654.601 (2008) |
| Densidade | 201,6 hab/km² |
| Municipios | 108 |
| Matrícula | ME |
| Código postal | 98000-98100 |
| Prefixo telf. | 090, 0941, 0942 |
| Presidente | Giovanni Ricevuto (Popolo della libertà) 16.06.2008 |
| Situación da Provincia de Messina en Italia | |
Messina (en lingua siciliana Missina) é unha provincia da rexión de Sicilia, en Italia. A súa capital é a cidade de Messina.
Ten unha área de 3.247 km2, e unha poboación de 661.708 habitantes (2001). Hai 108 municipios na provincia.
Limita polo norte co Mar Tirreno (co Golfo de Patti e de Milazzo e a illa Eolie), polo leste co Mar Xónico e o Estreito de Messina, que separa Sicilia do continente, polo sur coas provincias de Catania e Enna, e polo oeste coa provincia de Palermo.
Aparte da capital, outras cidades destacadas son Barcellona Pozzo di Gotto, Milazzo, as Illas Eolias, Tindari, Taormina e Capo d'Orlando.
Foi a cidade de partida dos almogávares en 1302.