Provincia de Brescia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia di Brescia
País Italia
Rexión Lombardía
Capital Brescia
Área 4.784 km²
Poboación 1.242.393 (2009)
Densidade 260 hab/km²
Municipios 206
Matrícula BS
Código postal 25121-25136, 25010-25089
Prefixo telf. 030, 0364, 0365, 035
Presidente Daniele Molgora (PdL-Lega Nord) 08.06.2009
Situación da Provincia de Brescia en Italia

Brescia (Brèsa no bresciano) é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Brescia.

Ten unha área de 4.784 km2, e unha poboación de 1.109.841 habitantes (2001). Hai 206 municipios na provincia.

Limita polo norte e polo noroeste coa provincia de Sondrio, polo leste coa rexión do Véneto (provincia de Verona) e coa rexión do Trentino-Tirol do Sur, polo sur coa provincia de Mantua, polo sur e polo suroeste coa provincia de Cremona e polo oeste coa provincia de Bérgamo.

Algunhas cidades importantes da provincia son Desenzano del Garda, Montichiari, Ghedi, Manerbio, Orzinuovi, Chiari, Carpenedolo, Rovato, Saló, Iseo, Gardone Val Trompia e Lumezzane.

Importantes centros turísticos da provincia son Sirmione, Desenzano del Garda, Saló e, en xeral, todos os municipios ribeireños do Lago de Garda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]