Provincia de Agrigento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia di Agrigento
País Flag of Italy.svg Italia
Rexión Flag of Sicily (revised).svg Sicilia
Capital Agrigento
Área 3.042 km²
Poboación 454.370 (2009)
Densidade 149,37 hab/km²
Municipios 43
Matrícula AG
Código postal 96100, 96010-96019
Prefixo telf. 0931, 095
Presidente Eugenio d'Orsi (MpA) 16.06.2008
Agrigento posizione.svg
Situación da Provincia de Agrigento en Italia

Agrigento (en lingua siciliana Girgenti) é unha provincia de Sicilia, localizada na zona sudoeste da illa, sobre a Canle de Sicilia.

Ten unha área de 3.042 km², e unha poboación de 448.053 habitantes (2001). Hai 43 comunas na provincia.

Limita polo oeste coa provincia de Trapani, polo norte coa provincia de Palermo, polo nordeste coa provincia de Caltanissetta.

Alén da capital, as cidades máis importantes son: Sciacca, Canicattì, Favara, Licata, Porto Empedocle.

Índice

Xeografía [editar]

No termo provincial encóntrase o Lago di Magazzolo e o Lago Arancio, en Sambuca di Sicilia, no pé dos montes Arancio (403 m) e Cirami (516 m).

Forman parte do territorio provincial as Illas Pelagie (Illa de Lampedusa, Illa de Linosa e a Illa Lampione), comprendidas no concello de Lampedusa e Linosa.

Entre Sambuca de Sicilia e Caltabellota atópase un enclave da provincia de Palermo (San Biagio, fraz. di Bisacquino).

Economía [editar]

A provincia de Agrigento é eminentemente agrícola.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]