Colin McRae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colin Steele McRae
Colin Mcrae crop.jpg
Informacións
Nome Colin Steele
Apelido McRae
Data de nacemento 5 de agosto de 1968
Data de falecemento 15 de setembro de 2007
País Escocia Escocia
Carreiras 146
Primeira carreira Rally de Suecia, 1987
Última carreira Rally de Turquía, 2006
Vitorias 25
Primeira vitoria Rally de Nova Celandia, 1993
Última vitoria Rally Safari, 2002
Último equipo Citroën
Vehículos
1986
1987-88
1989-90
1991-93
1994-98
1999-2002
2003
2005-06
2006
Talbot Sunbeam
Vauxhall Nova
Ford Sierra
Subaru Legacy
Subaru Impreza
Ford Focus
Citroën Xsara
Škoda Fabia
Citroën Xsara
Principais vitorias
* Mundial de Rallys en 1995

Colin Steele McRae, MBE, nado en Lanark o 5 de agosto de 1968 e falecido en accidente de helicóptero o 15 de setembro de 2007 en Jerviswood (Lanark), foi un piloto de rallys escocés. Venceu no mundial de rallys en 1995, e conseguiu o podio en catro edicións máis.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

McRae comezou a súa traxectoria como piloto de rallys en 1986, ao volante dun Talbot Sunbeam. Competidor habitual o campionato escocés de rallys, despois pasou a pilotar un Vauxhall Nova, co que participou na súa primeira proba dun mundial de rallys, o rally de Suecia de 1987, e logo un Ford Sierra XR 4x4, co que regresou á proba sueca en 1989 quedando de 15º na xeral. En 1989 rematou 5º do Rally de Nova Celandia pilotando un Sierra Cosworth con tracción traseira.

En 1991 pasa xa a conducir un Prodrive (fabricante británico de Subaru) e con el consegue en dous anos consecutivos o campionato británico de rallys, nese ano e no seguinte. En 1993 conságrase vencendo no rally de Nova Celandia, proba integrante do mundial de rallys, cun Subaru Legacy. A partir dese momento mantense fiel á escudería Subaru, facendo equipo co outro piloto da casa, o español Carlos Sainz (e mais o seu copiloto, o galego Luís Moya). Con Subaru conseguiría os seus títulos máis importantes, vencendo no mundial de rallys de 1995, sendo segundo en 1996, 1997 e terceiro en 1998. Dende 1997 o seu copiloto foi o galés Nicky Grist. Ademais, grazas a el Subaru conseguiu o título mundial de fabricantes en 1995, 1996 e 1997.

En 1999 McRae mudou para a Ford pilotando un Focus. Porén, se ben obtivo a vitoria nos rallys Safari e de Portugal nese ano, non conseguiu un bo resultado global. A mellor clasificación ao volante do Focus obtívoa en 2001, cando acadou o subcampionato mundial de rallys. En 2002, logo de vencer unha vez máis no Safari, converteuse no piloto que máis rallys do mundial vencera, pero ese record perdeuno xa ao ano seguinte a mans de Carlos Sainz.

En 2003 fichou pola Citroën, pero non pasou da sétima praza na clasificación mundial, sen conseguir gañar en ningún rally, se ben axudou a que a firma francesa conseguise o título mundial de fabricantes. En 2004 quedou sen equipo, pero non deixou o automobilismo, e participou no rally Dakar de 2004 guiando un camión Nissan, e tamén nas 24 horas de Le Mans. Ademais disputou ao volante dun Škoda Fabia probas do campionato británico e con ese mesmo coche, en 2006, correu no Rally de Australia, onde tivo que retirarse por problemas mecánicos. Tamén ese ano, pero ao comezo da tempada seguinte, correu con Citroën subsituíndo a un lesionado Sébastien Loeb no rally de Turquía, pero só puido ser décimo por problemas mecánicos. Aínda que nunca oficialmente retirado, en 2007 xa non competiu en ningunha proba do mundial de rallys.

Vitorias en probas do mundial de rallys[editar | editar a fonte]

Ano Rally Copiloto Coche
1993 Flag of New Zealand.svg Rally de Nova Celandia Derek Ringer Subaru Legacy RS
1994 Flag of New Zealand.svg Rally de Nova Celandia Derek Ringer Subaru Impreza 555
1994 Flag of the United Kingdom.svg Network Q Rally Derek Ringer Subaru Impreza 555
1995 Flag of New Zealand.svg Rally de Nova Celandia Derek Ringer Subaru Impreza 555
1995 Flag of the United Kingdom.svg Network Q Rally Derek Ringer Subaru Impreza 555
1996 Grecia Rally Acrópole Derek Ringer Subaru Impreza 555
1996 Italia Rally San Remo Derek Ringer Subaru Impreza 555
1996 Cataluña Rally de Cataluña Derek Ringer Subaru Impreza 555
1997 Kenya Rally Safari Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997 Córsega Rally de Córsega Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997 Italia Rally San Remo Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997 Australia Rally de Australia Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997 Flag of the United Kingdom.svg Network Q Rally Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1998 Flag of Portugal.svg Rally de Portugal Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1998 Córsega Rally de Córsega Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1998 Grecia Rally Acrópole Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1999 Kenya Rally Safari Nicky Grist Ford Focus WRC
1999 Flag of Portugal.svg Rally de Portugal Nicky Grist Ford Focus WRC
2000 Cataluña Rally de Cataluña Nicky Grist Ford Focus WRC
2000 Grecia Rally Acrópole Nicky Grist Ford Focus WRC
2000 Flag of Argentina.svg Rally de Arxentina Nicky Grist Ford Focus WRC
2001 Chipre Rally de Chipre Nicky Grist Ford Focus WRC
2001 Grecia Rally Acrópole Nicky Grist Ford Focus WRC
2002 Grecia Rally Acrópole Nicky Grist Ford Focus WRC
2002 Kenya Rally Safari Nicky Grist Ford Focus WRC

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Colin McRae era fillo de Jimmy McRae, quen fora cinco veces campión británico de rallys. O seu irmán Alister McRae tamén era piloto profesional.

Casado e con dous fillos, logo de vivir durante uns anos en Mónaco, mudouse para unha propiedade do século XVII en Jerviswood, ao norte de Lanark. O 15 de setembro de 2007, contra as catro da tarde, produciuse un accidente de helicóptero da súa propiedade, un Eurocopter Ecureuil, nas proximidades da súa vivenda. No accidente faleceron McRae, un dos seus fillos, e dúas persoas máis[1].

Foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II do Reino Unido en 1996.

Notas[editar | editar a fonte]