Percebe da madeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Percebe da madeira
Lepas anatifera
Percebes da madeira (en Ferrol)
Percebes da madeira (en Ferrol)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Thecostraca
Infraclase: Cirripedia
Orde: Pedunculata
Familia: Lepadidae
Xénero: Lepas
Especie: L. anatifera
Nome binomial
Lepas anatifera
Linnaeus, 1758
Percebes da madeira pegados a unha botella.
Praia do Dique (Porto do Son).

O percebe da madeira ou falso percebe (Lepas anatifera, Linnaeus 1758) é un crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos,[1] non comestible.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

No estadio final do seu desenvolvemento o capítulo ou cabeza (capitulum) de 4 a 5 cm de lonxitude formado, xeralmente, por cinco placas calcarias brancas con tons azulados, finas (case translúcidas), separadas por un tegumento negro, e un longo pedúnculo, moito máis fino e menos musculado que o do percebe común, de ata 10-20 cm de lonxitude (pero que nalgúns casos pode chegar aos 85) e cor parda ou marrón escura, agrisada.[2].

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Como o común, o percebe da madeira é un organismo sésil pero non se fixa sobre rochas senón sobre obxectos flotantes (madeiras, boias, cortizas, botellas, etc.).

E como nel, o pedúculo fórmase a partir das antenas da forma larvaria, mentres que as patas convértense en cirros que filtran a auga e conducen periodicamente o plancto cara ao animal.

É abundante no Atlántico. Non é obxecto de recolección nin aproveitamento porque non é comestible.

Nomes galegos[editar | editar a fonte]

A sinonimia que recolleu Ríos Panisse na costa galega fai alusión á súa fixación sobre madeiras e troncos á deriva: prercebe da madeira (o máis usado), percebe de pau, percebe da boia, percebe da percha, percebe flotante.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lepas anatifera Linnaeus, 1758. SIIT (en castelán)
  2. Steven Weinberg (2005): Découvrir la mer Rouge et l'océan Indien. París: Nathan. ISBN 2-09-278-035-2, p. 283.
  3. Ríos Panisse (1977), p. 55.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Percebe da madeira

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces). Verba, Anejo 7. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]