Christian Wulff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christian Wulff
Christian Wilhelm Walter Wulff

10º Presidente de Alemaña
Período30 de xuño de 2010
17 de febreiro de 2012
AntecesorHorst Köhler
SucesorJoachim Gauck
ChancelerAngela Merkel
Datos persoais
Nacemento19 de xuño de 1959
 Osnabrück
OrganizaciónUnión Demócrata Cristiá
PaiRudolf Wulff
NaiDagmar Wulff
CónxuxeBettina Körner
FillosAnnalena e Linus
Alma máterUniversidade de Osnabrück
ProfesiónAvogado
RelixiónIgrexa católica
Na rede
http://www.christianwulff.de/
IMDB: nm1966292 WikiTree: Wulff-351 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Christian Wilhelm Walter Wulff, nado o 22 de febreiro de 1943 (81 anos) en Osnabrück,[1][2] Baixa Saxonia, foi o Presidente da República Federal de Alemaña dende o 30 de xuño de 2010 ata a súa dimisión o 17 de febreiro de 2012 ao ser investigado por corrupción e tráfico de influencias. Membro da Unión Demócrata Cristiá, accedeu ao cargo trala dimisión un mes antes do Xefe do Estado, o Bundespräsident Horst Köhler, por unhas polémicas declaracións sobre a misión das tropas alemás en Afganistán.

Biografía[editar | editar a fonte]

Despois de terminar o bacharelato realizou os seus estudos superiores de Dereito na Universidade de Osnabrück entre 1980 e 1986. Un ano máis tarde sacou adiante o seu primeiro Staatsexamen, para aprobar o segundo en 1990. Estivo a traballar como avogado no bufete Dr. Funk, Prof. Dr. Tenfelde und Partner da cidade de Osnabrück, posto do que se atopa actualmente en excedencia por exercer a súa carreira política. En 2008 casou por segunda vez con Bettina Körner, con quen ten unha filla chamada Annalena. Tamén tivo un fillo, Linus Florian, do seu primeiro matrimonio.

Vida política[editar | editar a fonte]

No CDU[editar | editar a fonte]

Desde 1978 a 1980 asumiu a presidencia federal da Schüler Union, unha asociación de estudantes da CDU. Uniuse ao comité directivo da Junge Union na Baixa Saxonia en 1979, para converterse no seu presidente catro anos máis tarde. Saíu da organización en 1985, un ano despois de ser elixido como membro do comité director rexional do CDU.

En 1994, con trinta e cinco anos de idade, Christian Wulff fíxose cargo da dirección federal do partido no estado da Baixa Saxonia. Catro anos máis tarde foi designado vicepresidente federal do CDU. Foi substituído como presidente rexional do CDU en 2008 por David McAllister.

Nas institucións[editar | editar a fonte]

Elixido para formar parte do consello municipal de Osnabrück en 1986, onde estivo durante quince anos, en 1989 foi ascendido á fronte do grupo municipal do CDU, cargo que deixaría cinco anos máis tarde. O 13 de maio de 1994 converteuse en deputado rexional no Landtag tras as eleccións estatais nas que se presentou como candidato a presidente, perdendo fronte a Gerhard Schröder por 81, fronte a 67 escanos dos 161 dispoñibles. Máis tarde foi nomeado presidente do CDU.

Este mesmo duelo repetiuse nas urnas o 1 de marzo de 1998, perdendo de novo ante Schröder que conseguiu 83 dos 157 escanos, fronte aos 62 do CDU. Finalmente, o 2 de febreiro do 2003 obtivo o 48% dos votos: 91 escanos dos 183. O 4 de marzo foi nomeado ministro presidente de Baixa Saxonia no Landtag, sucedendo a Sigmar Gabriel, grazas a unha coalición negro-amarela (CDU-FDP). David McAllister sucedeulle na presidencia do grupo parlamentario.

Como personalidade política popular, o seu nome foi un dos que se mencionaron para ser o candidato do CDU-CSU como chanceler alemán. Con todo, tras a anticipación das eleccións federais o 18 de setembro de 2005, anunciou que non sería o candidato, declarando que non completara aínda o seu primeiro mandato rexional. A votación non tivo un gañador claro e o seu nome xurdiu de novo como alternativa a Angela Merkel para unha posible coalición con obxectivo de gobernar o país.

Ocupou a presidencia da conferencia de ministros presidentes alemáns entre 2006 e 2007. O 27 de xaneiro de 2008 gañou as eleccións rexionais cun 42% dos votos e 68 dos 152 deputados. Renovou a súa coalición cos demócratas-liberais, iniciando o seu segundo mandato o 26 de febreiro.

Como presidente de Alemaña[editar | editar a fonte]

Trala renuncia de Horst Köhler como Presidente de Alemaña en maio de 2010, perfilouse como sucesor ao contar co apoio da coalición gobernamental, que posuía 645 votos dos 1244 da Asemblea Federal. O 30 de xuño dese mesmo ano foi elixido décimo Bundespräsident, o máis novo até a data en asumir o cargo.

A finais de 2011 sóubose que Wulff recibira en 2008,[3] cando era presidente da Baixa Saxonia, un crédito de 500.000 euros dun matrimonio amigo, que posteriormente liquidou en condicións favorables con outro crédito dun banco público. Este feito, e que presionara para que non transcendese á luz pública, provocou unha importante crise política en Alemaña. Dimitiu o 17 de febreiro de 2012 ao ser investigado por corrupción e tráfico de influencias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O presidente da República dimite tras unhas polémicas palabras sobre Afganistán". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de setembro de 2010. 
  2. "La dimisión de Wulff, un nuevo dolor de cabeza para Merkel". El Progreso de Lugo (en castelán). 2012-02-17. Consultado o 2020-02-03. 
  3. Nova en La voz de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Presidente de Alemaña

Segue a:

Horst Köhler
Christian Wulff
Precede a:

Joachim Gauck

Unión Demócrata Cristiá