Horst Köhler
| Horst Köhler | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Presidente de Alemaña | |||
| Período: | 1 de xullo de 2004 30 de xuño de 2010 |
||
| Antecesor: | Johannes Rau | ||
| Sucesor: | Christian Wulff | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Presidente do FMI | |||
| Período: | 1 de maio de 2000 4 de marzo de 2004 |
||
| Antecesor: | Michel Camdessus | ||
| Sucesor: | Rodrigo Rato | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 22 de febreiro de 1943 | ||
| Lugar: | Skierbieszów, Polonia | ||
| Falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Organización: | Unión Demócrata Cristiá | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Eva Köhler | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | Universidade de Tubinga | ||
| Profesión: | Economista | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | |||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Horst Köhler, nado o 22 de febreiro de 1943 en Skierbieszów, Goberno Xeral, na actual Polonia, é un economista e político, que foi Presidente da República Federal de Alemaña dende o 1 de xullo de 2004 até o 30 de xuño de 2010, tras deixar o cargo. Foi sucedido por Christian Wulff, político do seu mesmo partido, a Unión Demócrata Cristiá.
Horst Köhler é o sétimo de oito irmáns dunha familia granxeira de relixión protestante. Anteriormente fora director do Fondo Monetario Internacional, dende o 1 de maio de 2000 até o 4 de marzo de 2004, cando se lle comunicou que era candidato conxunto da CDU, CSU e FDP para o cargo de Presidente Federal de Alemaña.
Vida [editar]
Horst Köhler naceu en Skierbieszów (Polonia) entón ocupada por Alemaña nazi, como o sétimo de oito fillos dunha familia de alemáns de Besarabia de Riscani, na Besarabia romanesa (preto de Bălţi, actual Moldavia). Os seus pais, alemáns étnicos e cidadáns romaneses, deberon deixar Besarabia en 1940 a causa do Pacto Ribbentrop-Molotov que cedía Besarabia á Unión Soviética. Dende 1990, Köhler ocupou varias posicións dentro do goberno federal alemán. Foi sub-secretario de Estado no Ministerio de Finanzas alemán de 1990 a 1993 e serviu como asesor do Chanceler Helmut Kohl na preparación de cumes do G7 e outras conferencias económicas internacionais. Entre 1993 e 1998 foi presidente da Asociación de Caixas de Aforros de Alemaña (Deutscher Sparkassen und Giroverband). En 1998 foi designado presidente do Banco Europeo para Reconstrución e Desenvolvemento.
No ano 2000, a proposta de Gerhard Schröder é elixido Director Xerente e Presidente do Consello de Dirección do Fondo Monetario Internacional, sucedendo no cargo a Michel Camdessus, que presentara a súa dimisión o 14 de febreiro dese ano. Foi designado para este cargo despois de que o primeiro candidato proposto polo goberno alemán, Caio Kai Koch-Weser, fóra rexeitado polos Estados Unidos. O 4 de marzo de 2004, Köhler dimitiu do seu posto no FMI despois de ser proposto como candidato dos partidos conservador e liberal, a CDU e o FDP, para suceder a Johannes Rau como presidente de Alemaña. Elixido o 23 de maio de 2004, tomou posesión do seu cargo como Bundespräsident o 1 de xullo de 2004 para un período de cinco anos. O FDP e CDU actualmente teñen a maioría na Bundesversammlung (Asemblea Federal), que é responsable da elección do presidente federal.
O 23 de maio de 2009 foi reelixido como presidente de Alemaña, manteniendose no cargo un ano máis, até a súa dimisión o 31 de maio de 2010 tras ser fortemente criticado por unhas declaracións que fixo sobre a participación do exercito alemán en Afganistán. A controversia desatouse o 22 de maio de 2010, cando nunha visita a Afganistán, o presidente deu a entender que o despregamento de tropas do Bundeswehr (exército alemán) nese país estaba motivado por intereses comerciais, no canto de por razóns de seguridade nacional:
Máis tarde asegurou que coas súas declaracións referíase á loita contra a pirataría nas costas de Somalia, pero ao non cesar a polémica, decidiu anunciar a súa renuncia o 31 de maio de 2010, justificándola pola "falta de respecto" cara á súa persoa debido ás fortes críticas que recibiu.
Presidente de Alemaña |
||
|---|---|---|
Segue a: Johannes Rau |
Horst Köhler | Precede a: Christian Wulff |
Unión Demócrata Cristiá |
||