Pota
| Pota | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación Científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Especies | ||||||||||||
| Todarodes sagittatus Todaropsis eblanae Illex coindetti |
A pota , choupa ou voador é un molusco cefalópodo mariño, da orde das Teuthidas, suborde Oegopsina. O nome procede da palabra catalá pota, que quer dicir pouta.
Índice |
Características [editar]
Como os demais cefalópodos, as potas teñen cabeza diferenciada, simetría bilateral, manto, oito brazos con función alimenticia e dous tentáculos máis longos con función reprodutiva.
Perderon a cuncha dos seus devanceiros na evolución, conservando só unha pluma no interior do manto que serve para lles dar rixidez e apoio dos músculos. Malia teren dúas aletas, estas xeralmente non son o seu medio de propulsión, senón que a conseguen exectando auga a presión a través dun sifón.
Son grandes nadadoras, e algunhas especies poden 'voar' en distancias curtas fora da auga[1].
A pel está cuberta de cromatóforos, o que lles permite camuflar a súa cor cos seus arredores.
Especies da familia [editar]
Os nomes comúns de potas, voadores e choupas úsanse de xeito colectivo para unha ampla familia de cefalópodos, entre os que se atopan os Todarodes sagittatus, os Illex coindetti e os Todaropsis eblanae.
Pesca e comercialización [editar]
A pesca das potas é por arrastre en altura, e usando poteiras cando se fai en baixura. Son especies con valor comercial polo seu uso gastronómico, similar ao das luras pero de menor calidade. Son obxecto de grande comercialización e consumo en forma de aneis conxelados, para o seu cociñado á romana.
Notas [editar]
- ↑ Jabr, F. 2010. Fact or Fiction: Can a Squid Fly Out of the Water? Scientific American, August 2, 2010.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Lura.
Ligazóns externas [editar]
- (Plataforma tecnolóxica da pesca.Publicacións.Outras publicacións) Fichas para o obradoiro de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego
- Potas. Consellería do Mar, Xunta de Galicia
- CephBase: Teuthida (en inglés)
- The Cephalopod Page (en inglés)
- The Octopus News Magazine Online (en inglés)