Chandrayaan 1
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Sonda lunar |
| Fabricante | |
| Contratistas principais | ISRO |
| Data de lanzamento | 22 de outubro de 2008, 00:52 GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | PSLV-XL[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro espacial de Sriharikota[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Estudio da Lúa.[2][4][3] |
| NSSDC ID | 2008-052A |
| Masa | 523 kg (vacío), 1380 kg (cheo de propelente)[2][4][5] |
| Potencia | 750 vatios[2] |
| Baterías | Baterías de ión litio[5] |
Chandrayaan 1 ("vehículo lunar", en sánscrito) foi unha sonda lunar da India, lanzada o 22 de outubro de 2008, mediante un foguete PSLV-XL desde o centro espacial de Sriharikota.[5][4][1][2]
Índice |
Características [editar]
Órbitas [editar]
Chandrayaan 1 foi a primeira sonda lunar da India. Foi lanzada nunha órbita inicial moi elíptica, cun perixeo de 255 km e un apoxeo de 22.860 km, cunha inclinación orbital de 17,9 graos respecto do ecuador e un período dunhas 6 horas e media. O motor da nave foi usado varias veces para elevar progresivamente a órbita:[5]
- O 23 de outubro ás 3:30 UTC o motor da nave foi acendido para eleva-lo apoxeo ata os 37.900 km e o perixeo ata os 305 km, aumentando o período orbital ata 11 horas
- O día 25 de outubro ás 00:18 UTC aumentou o apoxeo a 74.715 km e o perixeo a 336 km, cun período de 25,5 horas.
- O 26 o motor acendeuse de novo ás 1:38 UTC para poñelo apoxeo a 164.600 km de altura e o perixeo a 348 km, cun período de 73 horas.
- O 29 de outubro, ás 2:08 UTC, o apoxeo aumento a 267.000 km e o perixeo a 465 km. A nave tardaba 6 días en dar unha volta á Terra.
- Finalmente, o 3 de novembro ás 23:26 UTC (4 de novembro ás 4:56 hora estándar da India) o motor puxo á nave nunha órbita de transferencia lunar, cun apoxeo de 380.000 km.
Tra-lo último aumento do apoxeo, a nave chegou ás inmediacións da Lúa, onde o 8 de novembro ás 11:21 UTC acendeu o motor para frear a súa velocidade e entrar finalmente en órbita luar. A órbita inicial arredor da Lúa tiña un periastro de 504 km e aun apoastro de 7502 km.[5]
Unha serie de manobras posteriores foi reducindo a altura da órbita sobre a Lúa:[5]
- O 9 de novembro ás 14:33 UTC baixouse o periastro a 200 km.
- Unha serie de tres manobras consecutivas deixou a órbita de Chandrayaan 1 convertida nunha órbita polar circular de 100 km de altura o 12 de novembro.
O 14 de novembro ás 14:36 UTC Chandrayaan 1 soltou a subsonda Moon Impact Probe (MIP), que impactou na zona do polo sur luar ás 15:01 tras un voo de 25 minutos. Chandrayaan 1 continuou explorando a Lúa desde a súa órbita durante os dous anos seguintes.[5]
[editar]
Chandrayaan 1 tiña forma de cubo, cunha masa de 1380 kg no lanzamento e de 675 kg unha vez en órbita luar, tras gastar parte do propelente. Levaba 11 instrumentos científicos a bordo e estabilizábase nos tres eixos mediante dous sensores estelares, xiroscopios e catro volantes de inercia. A enexía era proporcionada por un único panel solar que podía producir ata 750 vatios de potencia. Durante os momentos de eclipse a enerxía era proporcionada por baterías de ión litio. O sistema de propulsión bipropelente proporcionou o aumento de órbita necesario para alcanzar a Lúa. As comunicacións tiñan lugar mediante unha antena parabólica de 0,7 metros de diámetro con mecanismo de cardán para seguir a estación terrestre unha vez en órbita luar e sando a banda X para a transmisión de datos e a banda S para telemetría, seguimento e a transmisión de comandos. Os datos podíanse gardar a bordo, en tres grabadoras de estado sólido con capacidades de 32, 10 e 8 Gbit.[5]
Instrumentos científicos [editar]
Chandrayaan 1 levaba 11 instrumentos científicos a bordo:[5]
- Terrain Mapping stereo Camera (TMC): cámara pancromática con 5 metros de resolución espacial que tomaba imaxes en bandas de 20 km de longo.
- Hyper Spectral Imaging camera (HySI): cámara que funcionaba na banda de lonxitudes de onda entre 400 e 950 nm cunha resolución espectral de 15 nm ou mellor e unha resolución espacial de 80 m en bandas de 20 km de longo.
- Lunar Laser Ranging Instrument (LLRI): un instrumento de medición de altura por láser cunha resolución en altura de 5 metros.
- High Energy X-ray spectrometer (HEX): medidor de raios X para o rango de enerxías entre 30 e 270 keV cunha resolución espacial de 33 km.
- Moon Impact Probe (MIP): un subsatélite para impactar contra a superficie luar.
- Chandrayaan-1 X-ray Spectrometer (C1XS): espectrómetro de raios X, colaboración da ESA.
- Near Infra Red spectrometer (SIR-2): espectrómetro infravermello deseñado e construído polo Instituto Max Planck.
- Sub keV Atom Reflecting Analyser (SARA): colaboración da ESA.
- Radiation Dose Monitor Experiment (RADOM): instrumento proporcionado pola Academia Búlgara de Ciencias.
- Miniature Synthetic Aperture Radar (Mini-SAR): un radar de apertura sintétic proporcionado pola NASA.
- Moon Mineralogy Mapper (M3): proporcionado pola NASA.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "CHANDRAYAAN 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=33405. Consultado o 14 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Chandrayaan 1 Lunar Orbiter" (en inglés). 20 de abril de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2008-052A. Consultado o 14 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 (PDF) Note verbale dated 13 October 2009 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 10 de novembro de 2009. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=3083.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Chandrayaan 1 / MIP" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/chandrayaan-1.htm. Consultado o 14 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 5,9 "Chandraayan" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/chaaayan.htm. Consultado o 14 de maio de 2012.