Cubo
En xeometría, un cubo ou hexaedro regular é un obxecto sólido e tridimensional formado por seis caras cadradas, con tres que se xuntan en cada un dos vértices. O cubo forma parte dos cinco sólidos platónicos, é dual co octaedro e posúe simetría cúbica (ou simetría octaédrica). O hexaedro regular está formado por seis caras, oito vértices e doce arestas.
Índice |
Coordenadas cartesianas [editar]
Para un cubo con centro na orixe de coordenadas, con arestas paralelas aos eixes e cunha lonxitude de 2, as coordenadas cartesianas dos vértices son
- (±1, ±1, ±1)
mentres que o interior está formado por todos os puntos (x0, x1, x2) con −1 < xi < 1.
Fórmulas [editar]
Para un cubo de lonxitude a de aresta:
| área da superficie | ![]() |
| volume | ![]() |
| diagonal da cara | ![]() |
| diagonal espacial | ![]() |
| raio da esfera circunscrita | ![]() |
| raio da esfera tanxente coas arestas | ![]() |
| raio da esfera inscrita | ![]() |
| ángulos entre as caras (en radiáns) | ![]() |
Dado que o volume dun cubo é a terceira potencia dos seus lados, a × a × a, a esta terceira potencia chámaselle tamén cubo, por analoxía co cadrado, que é a segunda potencia.







