Indian Space Research Organisation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ISRO»)
Indian Space Research Organisation
Logo
AcrónimoISRO, इसरो, ఇస్రో e ઇસરો
Tipoaxencia espacial e provedor de servizos de lanzamento
Data de fundación15 de agosto de 1969
Fundador(es)Vikram Sarabhai
Presidente/aS. Somanath (en) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Nº de empregados16.072 (2017) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizDepartment of Space
Organización subsidiariaHuman Space Flight Centre, Indian Institute of Remote Sensing, ISRO Inertial Systems Unit, ISRO Propulsion Complex, ISRO Telemetry, Tracking and Command Network, Laboratory for Electro-Optics Systems, Liquid Propulsion Systems Centre, Centro Espacial Satish Dhawan, Space Applications Centre, Indian Space Research Organisation Satellite Centre, Vikram Sarabhai Space Centre e Antrix Corporation
PremiosPremio Indira Gandhi, Prêmio Gandhi da Paz, Space Pioneer Award e Space Pioneer Award
SedeBangalore
EnKarnataka
PaísIndia
13°02′07″N 77°34′16″L / 13.035277777778, 77.571111111111
Na rede
https://www.isro.gov.in/ e https://www.isro.gov.in/hi
Facebook: isro Twitter: isro Instagram: indianspacetime Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Indian Space Research Organisation (Organización India para a Investigación Espacial) ou ISRO é a axencia espacial da India.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

ISRO foi fundada o 15 de agosto de 1969, herdeira da INCOSPAR (Indian National Committee for Space Research), fundado á súa vez en 1962 por Vikram Sarabhai. En 1972 ISRO pasou a depender do Departamento do Espazo do goberno, fundado ese mesmo ano, que aglutina a outros centros tamén. A misión de ISRO é desenvolver e aplicar tecnoloxías relacionadas co espazo para as diferentes necesidades nacionais. Para iso a organización desenvolveu sistemas e satélites para comunicacións, emisións de televisión, servizos meteorolóxicos, navegación, busca de recursos e educación. Tamén desenvolveu unha serie de lanzadores, como o Polar Satellite Launch Vehicle e o Geosynchronous Satellite Launch Vehicle.[1][2]

ISRO tamén ten unha vertente educativa, con centros para educación e investigación repartidos polo país adicados á teledetección, a astronomía, a astrofísica e as ciencias atmosféricas. A organización posúe un programa de exploración lunar e planetaria. Ten as súas oficinas principais en Bengaluru e o seu centro de fabricación de vehículos de lanzamento no Centro Espacial Vikram Sarabhai en Thiruvananthapuram. Os lanzamentos fanse desde o Centro espacial de Sriharikota.[1][2]

Algúns satélites e sondas de ISRO son:[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 ISRO (2023). ISRO, ed. "About ISRO" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mark Wade (2023). "ISRO" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]