Terras da Coroa de Santo Estevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Terras da Coroa de Santo Estevo constituian tódalas posesións baixo a soberanía da monarquía húngara nos séculos XVIII e XIX. Na actualidade esta rexión de Europa Oriental atópase repartida entre varios estados, e non existe unha norma común para referirse ó devandito nome. Así por exemplo:

  • En Hungría:
    • Szent István Koronájának Országai - Terras da Coroa de Santo Estevo
    • Szent Korona Országai - Terras da Santa Coroa
    • Magyar Korona Országai - Terras da Coroa húngara
    • Magyar Szent Korona Országai - Terras da Santa Coroa húngara
  • En Croacia:
    • Zemlje krune Svetog Stjepana - Terras da Coroa de Santo Estevo
  • En Alemaña:
    • Länder der heiligen ungarischen Stephanskrone - Terras da Santa Coroa húngara de Santo Estevo
  • En Eslovaquia:
    • Krajiny Svätoštefanskej koruny - Terras da Coroa de Santo Estevo
    • Krajiny uhorskej koruny - Terras da Coroa húngara

No Imperio Austrohúngaro, estes territorios comprendían o reino de Hungría, o reino de Croacia e o Gran Ducado de Transilvania. Esta unión durou ata o 29 de outubro de 1918, data na que o Parlamento croata votou a súa escisión do imperio.