Dólar australiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar australiano
Australian dollar en inglés
Código:AUD
Ámbito: Australia
Kiribati
Nauru
Tuvalu
Illa de Nadal
Illas Cocos
Norfolk
Símbolo:$, A$ or AUD
Fracción:100 cents (c)
Moedas:5, 10, 20 e 50 cents
1 e 2 dólares
Billetes:5, 10, 20, 50, 100 coroas
Emisor:Banco de Reserva de Australia
Taxa de troco:
15-2-2014
1 EUR = 1,51 AUD
1 USD = 1,10 AUD
Troco actual

O dólar australiano é a moeda oficial de Australia, incluíndo o Territorio Antártico Australiano, a Illa de Nadal, as Illas Cocos, a Illas Heard e illas McDonald e a Illa de Norfolk, así como dos estados independentes do Pacífico de Kiribati (xunto co dólar de Kiribati), Nauru e Tuvalu (xunto co dólar tuvalés). Normalmente abréviase como $, A$ ou AU$ para diferencialo doutros tipos de dólar o seu código ISO é AUD. Divídese en 100 céntimos (cents).

Outras denominacións[editar | editar a fonte]

En inglés adoita chamárselle tamén Aussie battler ("batallador australiano"); durante un período de perda de valor respecto ao dólar estadounidense (entre os anos 2001 e 2002), ás veces era denominado localmente Pacific peso ("peso do Pacífico").

Historia[editar | editar a fonte]

O dólar australiano foi introducido o 14 de febreiro de 1966 para substituír a libra australiana (que xa ía moito tempo que se diferenciara da libra esterlina), non só como unha simple substitución da antiga moeda, senón tamén como unha nova unidade monetaria que empregaba o sistema decimal. Cada libra australiana dividíase en 20 xilins, que á súa vez dividíanse en 12 peniques, o troco que se aplicou foi de dous dólares por libra, isto é, dez xilins por dólar. O primeiro ministro australiano Robert Menzies quería nomear á nova moeda royal (é dicir, "real"), e tamén propuxéronse outras denominacións como austral.

A pesar de que as primeiras emisións do Banco de Reserva de Australia xa se realizaran na imprenta baixo o nome de royal, este nome tan infrecuente non acadou moita popularidade e foi desprazado en favor da denominación dólar.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Royal Controversy". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]