Bandung
| Suxeriuse que "Historia de Bandung" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Bandung é a capital da provincia de Xava Occidental, Indonesia, situada a 768 metros ten 2.585.446 habitantes (2000). A área metropolitana denomínase Kabupaten Bandung.
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia de Bandung.
En 1488 a área coñecida agora como Bandung era a capital do reino hindú de Pajajaran, pero a cidade actual foi construída polos holandeses en 1810. Os holandeses tiñan proxectos para converter Bandung na capital das Indias Orientais Holandesas debido á súa localización, pero a Segunda Guerra Mundial impediu a realización deses plans.
Entre o 18 e o 24 de abril de 1955 Bandung foi sede da Conferencia de Bandung, que tiña o propósito de promover a cooperación económica e cultural entre os países africanos e asiáticos e abrir unha terceira vía entre os Estados Unidos e a Unión Soviética e deu orixe ao movemento dos non aliñados
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial de Bandung (en bahasa indonesio e inglés).