Onésimo, bispo de Bizancio
Onésimo († ca. 90-95) (tamén chamado Onésimo de Bizancio e O Sagrado Apóstolo Onésimo nalgunhas igrexas ortodoxas) era un servente de Filemón, personaxe importante e influente de Colosa de Frixia, convertido ao cristianismo por Paulo de Tarso. Onésimo cando fuxía da xustiza, por lle ter roubado ao seu amo; atopouse con Paulo, quen se achaba entón prisioneiro en Roma. O Apóstolo converteuno ao Cristianismo, bautizouno e enviouno á casa de Filemón cunha carta de recomendación, que dicía o seguinte:
Segundo parece, Filemón perdoou e concedeulle a liberdade a Onésimo por se ter arrepentido, e mandouno a reunirse de novo con Paulo. Segundo conta Xerome de Estridón, Onésimo volveuse un predicador cristián e logo chegou a bispo de Éfeso por orde do Apóstolo Paulo. Posteriormente, Onésimo foi apresado e levado a Roma, onde morreu lapidado.
Venerado como Santo, a súa festa é o 16 de febreiro.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Onésimo na páxina web do Patriarcado Ecuménico (en grego).
| Predecesor: Estacio |
Bispo de Bizancio 54 - 68 |
Sucesor: Policarpo I |