Áditon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de adyton no Templo de Apolo de Figalia.

O áditon (en grego antigo τὸ ἄδυτον tò ádyton literalmente lugar no que non se pode entrar) é un termo de arquitectura que designa no templo grego antigo un espazo reservado a certas funcións, a maior parte das veces relixiosas. Trátase en xeral dunha habitación situada ben na parte traseira do naos, ben metida no propio naos, pero que pode ser tamén subterránea (daquela falarase dunha cripta) ou ao contrario, elevada sobre un podio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • GINOUVÈS, René: Dictionnaire méthodique de l'architecture grecque et romaine, t. III: Espace architecturaux, bâtiments et ensembles, Collection de l'École française de Rome 84, EFR - EFA, 1998 (ISBN 02235099), p. 43-44. (en francés)