Opistódomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de opistódomo no Templo de Apolo de Figalia.
Partes dun templo co opistódomo destacado

O opistódomo (en grego antigo ὀπισθόδομος, que significa literalmente cuarto traseiro) é o nome polo que se coñece ó elemento espacial situado na parte posterior dos templos gregos. Xunto co pronaos e o naos conformaba a maioría dos templos de importancia, aínda que o opistódomo non era tan usado como os dous anteriores. Ás veces, tamén podía facer a función de áditon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • M.B. Hollinshead, '"Adyton," "Opisthodomos," and the Inner Room of the Greek Temple', Hesperia 68.2 (1999), 189