Estilóbata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estereóbata do templo de Segesta. O degrao superior é a estilóbata.

A estilóbata (do grego antigo στυλοβάτης, stylobátes, que significa base sobre a que se apoian as columnas) é, en arquitectura, o último chanzo da base elevada que sustenta un templo grego.

Xunto cos outros dous chanzos forma o que se coñece como estereóbata, aínda que algúns textos prefiren o termo crepidoma para referirse ó conxunto da base elevada, e reservar o termo estereóbata para designar ós dous primeiros chanzos.