Calidris virgata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calidris virgata é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

É unha limícola que cría en Alasca e inverna nas costas do Pacífico de América do Norte e Suramérica.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1879 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, baixo o nome de Aphriza virgata.[2][3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Aphriza virgata (Gmelin, 1789)
  • Tringa virgata Gmelin, 1789 (protónimo)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita, como quedou dito, polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin en 1789, a partir dun exemplar recollido no Prince William Sound (Seo do príncipe Guillerme) durante a visita do capitán James Cook a Alasca en 1788.[4] Gmelin situou orixinariamente á especie no xénero Tringa, pero foi trasladada en 1839 a un xénero monotípico, Aphriza, polo naturalista estadounidense John James Audubon. Durante moito tempo pensouse que a especie estaba ligada aos virapedras, e situouse na subfamilia dos arenariinos.[5][6] Nos virapedras foi considerado como o único membro da súa propia familia. Datos máis recentes suxiren que está xeneticamente moi próximo aos virapedras máis grandes e que debería incluírse no xénero Calidris.[7] A especie é monotípica, é dicir, que non ten subespecies.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2016): Calidris virgata na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 5 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Calidris virgata Gmelin, 1789 no GBIF. Consultado o 5 de setembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Calidris virgata (J. F. Gmelin, 1789) na BioLib. Consultada o 5 de setembro de 2022.
  4. Senner, S. & McCaffery, B. (1997): "Surfbird (Calidris virgata)". The Birds of North America Online. Ithaca: Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 7 de setembro de 2022.
  5. Jehl, Joseph R. (1968): "The Systematic Position of the Surfbird, Aphriza virgata". The Condor 70 (3): 206–210. (PDF).
  6. 6,0 6,1 Van Gils, J.; Wiersma, P. & Kirwan, G. M. (2017). En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A. & de Juana, Eduardo (eds.) "Surfbird (Calidris virgata)" en Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions.
  7. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evol. Biol. 4: 28. (Texto completo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]