Cachalote anano
| Cachalote anano | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||||||
| Kogia sima | ||||||||||||||||
O cachalote anano (Kogia sima, Owen, 1866, e anteriormente Kogia simus) é un cetáceo odontoceto pertencente á familia Kogiidae. Estes animais non se observan con facilidade no seu medio natural e a maior parte da información de que se dispón procede do estudo de exemplares varados nas praias.
Índice |
Descrición [editar]
É de menor tamaño có cachalote pigmeo (Kogia breviceps), alcanzando unhas medidas de entre 2,1 e 2,7 m de lonxitude e entre 135 e 275 kg de peso. A cor do lombo é gris azulenta ou gris escura, coa parte inferior (ventre e cabeza) máis clara, ás veces rosada; esta degradación da cor pode ascender polos lados do corpo. Resulta significativa a presenza dun prego abrancazado ou crema na parte posterior da cabeza, que asemella as branquias dos peixe (falsa agalla). Pode presentar engurras sobre a pel.
Os individuos adultos teñen a cabeza cadrada, co fociño lixeiramente apuntado. O espiráculo está lixeiramente desviado cara a esquerda. A aleta dorsal está ben definida e máis desenvolvida que no cachalote pigmeo. É de forma falciforme e rematada en punta. As aletas pectorais son anchas e curtas.
Coma os outros cachalotes, só posúe dentes na mandíbula inferior, en número de 14 a 26, moi aguzados, pero nesta especie é máis frecuente que nas outras a presenza dalgúns dentes na mandíbula superior, en número variable. A boca é pequena e retraída (o que lembra á dos tiburóns.
Comportamento [editar]
A forma de nadar e mergullarse, os saltos, a estrutura dos grupos e a alimentación son similares ás descritas no cachalote pigmeo, así como a característica de expulsar un líquido vermello cando foxe dun posible predador.
Distribución [editar]
O cachalote anano prefire augas profundas, pero máis próximas ás costas có cachalote pigmeo: o seu hábitat favorito parece se-lo límite da plataforma continental. Prefire augas cálidas e tense observado na costa oriental dos Estados Unidos (golfo de California) e Sudáfrica, así como no Índico e augas de Xapón.
Como a principal fonte de información da bioloxía da especie procede dos varamentos e non da observación directa, os datos existentes poden non representar fielmente a distribución da especie.
Estado de conservación [editar]
Non se coñece suficientememte a poboación mundial. Estímase unha poboación de 11.000 individuos no Pacífico Oriental.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Bibliografía [editar]
- CARWARDINE, M.: Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Omega, 1985.
Ligazóns externas [editar]
- Taxonomía ITIS
- JEFFERSON, Thomas A.: Marine mammals of the world. FAO species Identification Guide, 1994 [1] (en inglés)
- Mammal Species of the World
- Kogia sima na Lista vermella da IUCN