CHIPSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CHIPSat
CHIPSAT 2.jpg
CHIPSat
Tipo Observatorio espacial.
Organización NASA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 13 de xaneiro de 2003, 00:45 UT[1][2][3]
Foguete portador Delta II 7320[2][4][5]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg das Forzas Aéreas[2]
Obxectivo da misión Observar o fondo difuso de ultravioleta do ceo.[2][4]
NSSDC ID 2003-002B
Masa 60 kg[4][6]
Semieixo maior 6948,8 km[1]
Inclinación 94 graos[1]
Apoapse 586,9 km[1]
Periapse 568,6 km[1]

CHIPSat (acrónimo de Cosmic Hot Interstellar Plasma Spectrometer Satellite) foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de xaneiro de 2003 ás 00:45 UT mediante un foguete Delta II 7320 desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de CHIPSat foi observar o fondo difuso do ceo en lonxitudes de onda ultravioleta, entre 90 e 260 angstroms.[4] O satélite pesaba 60 kg e estabilizábase nos tres eixos.[2]

CHIPSat foi apagado en abril de 2008 tras funcionar correctamente durante cinco anos.[4]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

O satélite levaba como único instrumento un espectrómetro ultravioleta denominado CHIPS e que lle deu nome ó satélite. CHIPS é o acrónimo de Cosmic Hot Interstellar Plasma Spectrometer, que significa espectrómetro cósmico de Plasma interestelar quente. O satélite realizaba observacións a través de seis pequenas aperturas no panel traseiro.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "CHIPSAT" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=27643. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "CHIPS" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2003-002B. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  3. (PDF) Note verbale dated 30 June 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 2 de xullo de 2003. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1243. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Explorer: CHIPSat (UNEX 1)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_chips.htm. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 "Delta 7320-10" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/del32010.htm. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  6. "CHIPSat" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/chipsat.htm. Consultado o 30 de decembro de 2011.