Bob Dandridge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Dandridge
Posición Escolta
Dorsal 10
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 88 kg (195 lb)
Nacemento 15 de novembro de 1947 (67 anos)
Flag of Virginia.svg Richmond, Virxinia
Carreira
Tempadas 19691982
NBA Draft 1969 / Rolda: 4 / Elección: 45

Escollido por Milwaukee Bucks

Universidade Arkansas
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 530
Rebotes     5 715
Asistencias     2 846
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Robert L. "Bob" Dandridge, nado o 15 de novembro de 1947 en Richmond, Virxinia, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que disputou trece tempadas na NBA. Con 1,98 metros de altura xogaba na posición de escolta.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Spartans da Universidade de Norfolk State, cos que gañou o campionato da CIAA en 1968 tras vencer en 25 dos 27 partidos disputados esa tempada. Tras finalizar a súa carreira converteuse no sétimo máximo anotador (1.740 puntos) e reboteador (998) da historia de Norfolk State.[1] Foi elixido All-American.[2]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na cuarta rolda do Draft da NBA de 1969, no posto 45, por Milwaukee Bucks. A pesar do baixo da súa elección, rapidamente se fixo co posto de titular, sendo elixido ese ano no Mellor quinteto de rookies da NBA, tras facer 13,2 puntos, 7,7 rebotes e 3,6 asistencias por partido.[3] Ao ano seguinte, coa incorporación ao equipo de Oscar Robertson e o liderado de Kareem Abdul-Jabbar, conseguiron gañar o seu primeiro anel de campións da NBA, sendo o terceiro xogador máis importante tras os dous mencionados, achegando 18,4 puntos e 8 rebotes por encontro.[4]

Xogou outro seis tempadas cos Bucks, mantendo sempre unhas excelentes medias, sen baixar nunca dos 18 puntos e 6 rebotes por partido. Na tempada 1977-78, xa con 30 anos, foi traspasado a Washington Bullets, onde se atopou con outro dúo de futuros membros do Basketball Hall of Fame, Elvin Hayes e Wes Unseld. Xunto a eles gañaría o seu segundo e último anel de campión da NBA, tras derrotar nas Finais a Seattle SuperSonics por 4-3. Dandridge foi o segundo máximo anotador do equipo tras Hayes.[5] Tras catro anos nos Bullets, regresou a Milwaukee na tempada 1981-82, mais soamente disputaría once partidos antes de retirarse definitivamente. Nas súas 13 tempadas fixo 18,5 puntos e 6,8 rebotes por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

En 2005 foi contratado como adestrador do equipo de Long Island da ABA.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]