Gwyneth Paltrow
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gwyneth Paltrow, nada o 28 de setembro de 1972 na cidade dos Ánxeles, en California, é unha actriz estadounidense gañadora dun Óscar. É a filla do director de cine xudeu Bruce Paltrow e da actriz Blythe Danner. O 5 de decembro do 2003, Gwyneth Paltrow casou con Chris Martin, membro do grupo Coldplay, co que ten dous fillos, Apple e Moses. Entre outras películas, actuou en Grandes esperanzas ou en Moito ruído e poucas noces.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Gwyneth Paltrow na IMDb (en inglés)
