Babel (filme)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Babel | |
|---|---|
| Título orixinal | Babel |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Alejandro González Iñárritu |
| Produtor | Steve Golin Jon Kilik Alejandro González Iñárritu |
| Guión | Guillermo Arriaga Alejandro González Iñárritu |
| Baseado en | Unha idea de Guillermo Arriaga |
| Intérpretes | Brad Pitt Cate Blanchett Gael García Bernal Adriana Barraza Rinko Kikuchi Kōji Yakusho Elle Fanning Nathan Gamble Mohamed Akhzam |
| Música | Gustavo Santaolalla |
| Fotografía | Rodrigo Prieto |
| Montaxe | Douglas Crise Stephen Mirrione |
| Estudio | Central Films Media Rights Capital |
| Distribuidor | Paramount Classics Summit Entertainment |
| Ano | 2006 |
| Duración | 143 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $25.000.000[1] |
| Filme anterior | 21 Grams |
| Filme seguinte | Biutiful |
| Ficha en IMDb | |
Babel é un filme estadounidense dirixido por Alejandro González Iñárritu que foi estreado no 2006. Xunto a Amores perros e 21 Grams forma a "Triloxía da morte".
Índice |
Argumento[editar]
Drama de historias paralelas que se desenrolan en Marrocos, Tunisia, México e Xapón. A historia comeza cando, armados cunha Winchester, dous rapaces marroquís saen na busca do rabaño de cabras da familia. No medio do silencio do deserto, deciden probalo rifle, pero o alcance da bala é moito maior do que agardaban. Nun intre, as vidas de catro grupos de estraños en tres continentes mestúranse.
Personaxes[editar]
- Brad Pitt como Richard
- Gael García Bernal como Santiago
- Cate Blanchett como Susan
- Adriana Barraza como Amelia
- Elle Fanning como Debbie
- Nathan Gamble como Mike
- Koji Yakusho como Yasujiro
- Rinko Kikuchi como Chieko
- Said Tarchani como Ahmed
- Boubker Ait El Caid como Yussef
- Mustapha Rachidi como Abdullah
- Peter Wight como Tom
- Harriet Walter como Lilly
- Trevor Martin como Douglas
- Matyelok Gibbs como Elyse
- Georges Bousquet como Robert
- Claudine Acs como Jane
- André Oumansky como Walter
- Michael Maloney como James
- Dermot Crowley como Barth
Galardóns e nomeamentos[editar]
- 2006: Oscar: Mellor banda sonora. 7 nomeamentos, incluíndo mellor director e guión.
- 2006: Globo de Ouro: Mellor película drama. 7 nomeamentos.
- 2006: BAFTA: Mellor banda sonora. 7 nomeamentos.
- 2006: Cannes: Mellor director, Premio Xurado Ecuménico, Premio técnico (montaxe).
- 2006: Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 2006: David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
- 2006: Fotogramas de Prata: Mellor filme estranxeiro.
- 2006: National Board of Review: Mellor actriz de reparto (Rinko Kikuchi).
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en castelán)