World War Z (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
World War Z
Título orixinal World War Z
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Marc Forster
Produtor Brad Pitt
Dede Gardner
Jeremy Kleiner
Ian Bryce
Guión Matthew Michael Carnahan
Drew Goddard
Damon Lindelof
Baseado en World War Z de Max Brooks
Intérpretes Brad Pitt
Mireille Enos
James Badge Dale
Matthew Fox
Música Marco Beltrami
Fotografía Ben Seresin
Montaxe Roger Barton
Matt Chesse
Estudio Skydance Productions
Hemisphere Media Capital
GK Films
Plan B Entertainment
Distribuidor Paramount Pictures
Ano 2 de xuño de 2013
Duración 116 minutos[1]
País Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Terror
Orzamento $190.000.000[2]
Recadación $540.007.876
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

World War Z é un filme británico-estadounidense dirixido por Marc Forster que foi estreado no 2013. O guión de Matthew Michael Carnahan está baseado na novela World War Z de Max Brooks. O filme está protagonizado por Brad Pitt no papel de Gerry Lane, un antigo investigador das Nacións Unidas que debe atopar o modo de deter unha pandemia zombi.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Cando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de mortos viventes, o experto investigador das Nacións Unidas Gerry Lane (Brad Pitt) intentará evitar o que podería ser a fin da civilización. A destrución á que se ve sometida a raza humana faille percorrer o mundo enteiro buscando a orixe da horrible epidemia que ameaza á súa familia e ó resto da humanidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Brad Pitt como Gerry Lane, un antigo membro das Nacións Unidas que é chantaxeado para que investigue a terrible pandemia que se está a espallar por todo o planeta.
  • Mireille Enos como Karin Lane, muller de Gerry e nai de dúas nenas.
  • Fana Mokoena como Thierry Umutoni, Secretario Xeral das Nacións Unidas.
  • Daniella Kertesz como soldado israelí coñecida como "Segen" que acompaña a Gerry cando deixa Israel.
  • James Badge Dale como Capitán Speke, ó cargo do Campamento Humphreys, en Corea do Sur.
  • David Morse como ex membro da CIA prisioneiro por vender armas a Corea do Norte.
  • Ludi Boeken como Jurgen Warmbrunn, Director da Mossad; responsable das defensas preventivas de Israel.
  • Matthew Fox como soldado enviado por Thierry Umutoni para rescatar á familia Lane en Newark.
  • Abigail Hargrove como Rachel Lane, filla maior de Gerry e Karin.[4]
  • Sterling Jerins como Constance Lane, filla menor de Gerry e Karin.
  • Fabrizio Zacharee Guidoas como Tommy, rapaz que é rescatado pola familia Lane en Newark despois de que os seus pais foran infectados.

Banda sonora[editar | editar a fonte]

World War Z: Music from the Motion Picture
Banda sonora de Marco Beltrami
Data de lanzamento 18 de xuño de 2013
Duración 44:09
Xénero Clásica
Selo discográfico Warner Bros. Records

En decembro de 2011 publicouse que Marco Beltrami sería o compositor de World War Z.[5] En maio de 2013, a banda de rock británica Muse publicou un vídeo na súa canle de YouTube, no cal se revelaba que eles contribuirían na banda sonora de World War Z, e as cancións "Isolated System" e "Follow me" foron usadas.[6] En xuño, Warner Bros. Records lanzou o álbum da banda sonora, que contén as composición orixinais de Beltrami.[7]

  1. Philadelphia (4:03)
  2. The Lane Family (2:47)
  3. Ninja Quiet (2:54)
  4. Searching for Clues (5:33)
  5. NJ Mart (4:01)
  6. Zombies in Coach (3:43)
  7. Hand Off! (2:49)
  8. No Teeth No Bite (3:25)
  9. The Salvation Gates (4:24)
  10. Wales (5:22)
  11. Like a River Around a Rock (5:08)

Duración total (44:09)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "WORLD WAR Z (15)". British Board of Film Classification. 5 de xuño de 2013. http://www.bbfc.co.uk/releases/world-war-z-1. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. Goldberg, Matt (10 de agosto de 2011). "Official World War Z Synopsis Reveals Key Difference between the Movie and the Book". Collider. http://collider.com/world-war-z-movie-synopsis/108530/. Consultado o 3 de maio de 2012.
  4. Lesnick, Silas (November 23, 2011). "Abigail Hargrove Talks World War Z". http://www.shocktillyoudrop.com/news/articlenews.php?id=22034. Consultado o 6 de xaneiro 2012.
  5. "Marco Beltrami to Score ‘World War Z’". 27 de decembro de 2011. http://filmmusicreporter.com/2011/12/27/marco-beltrami-to-score-world-war-z/. Consultado o 4 de xaneiro de 2012.
  6. "Z". Official Muse Youtube channel. 21 de maio de 2013. http://www.youtube.com/watch?v=sObfVQoD9wM/. Consultado o 21 de maio de 2013.
  7. "‘World War Z’ Soundtrack Details". Film Music Reporter. 28 de maio de 2013. http://filmmusicreporter.com/2013/05/28/world-war-z-soundtrack-details/. Consultado o 12 de xuño de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]