Sleepers (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sleepers
Ficha técnica
Título orixinalSleepers
DirectorBarry Levinson
ProdutorBarry Levinson
Steve Golin
GuiónBarry Levinson
Baseado enSleepers de Lorenzo Carcaterra
IntérpretesKevin Bacon
Robert De Niro
Vittorio Gassman
Dustin Hoffman
Jason Patric
Brad Pitt
Brad Renfro
Minnie Driver
MúsicaJohn Williams
FotografíaMichael Ballhaus
MontaxeStu Linder
EstudioPolygram Filmed Entertainment
Propaganda Films
Baltimore Pictures
DistribuidoraWarner Bros.
Duración147 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$44.000.000
Recadación$165.615.285
Na rede
IMDB: tt0117665 Filmaffinity: 176716 Allocine: 15709 Rottentomatoes: m/1073595-sleepers Mojo: sleepers Allmovie: v154494 TCM: 324270 Metacritic: movie/sleepers Netlix: 973057Editar o valor em Wikidata

Sleepers é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por Barry Levinson. Baséase na novela homónima de Lorenzo Carcaterra[2] que afirma relatar feitos reais, aínda que foi moi discutido[3][4]. O título é un termo de xerga para os delicuentes mozos que cumpren penas superiores a nove meses[5]. Foi lanzado nos Estados Unidos o 18 de outubro de 1996[6], recadando máis de 165 millóns de dólares para un orzamento inicial de 44 millóns de dólares[7].

Sinopse[editar | editar a fonte]

Durante os anos 60, a igrexa dos Santos Ánxeles e a súa escola eran o centro da "Cociña do Inferno", un barrio marxinal de Nova York. Alí podían refuxiarse os nenos marxinados. Lorenzo "Shakes" Carcaterra, Tommy Marcano, Michael Sullivan, e John Reilly John son catro amigos que tratan de sobrevivir nun barrio de inmigrantes e cuxa única guía moral é o padre Robert Carillo, un home criado nas rúas que intenta que non se desvíen do bo camiño. Porén, tras unha falcatruada colectiva na que case morre un home, os catro rapaces son enviados ó Fogar Wilkinson.

O centro correccional ten uns vixiantes que maltratan aos petís internos con todo tipo de vexacións, agresións e violacións. Anos máis tarde, dous deles, Reilly e Marcano, delincuentes armados tópanse nun bar cun dos gardas responsábeis dos abusos, Sean Nokes, e mátano.

No xuízo, revélanse os malos tratos aos que se sometían aos rapaces no centro de menores e o sacerdote do barrio, o padre Bobby,  que coñecía os cativos desde pequenos, declara en falso baixo xuramento que os mozos estaban con el nun encontro de baloncesto o día do asasinato á hora do crime conseguindo que o xurado absolva aos xoves.

O filme remata aludindo a que as autoridades de Nova York negan a veracidade dos feitos, aínda que o autor da narración afirma que son verdadeiros e que só cambiou os nomes, os lugares e as datas dos acontecementos.

Técnica narrativa[editar | editar a fonte]

O filme vai alternando lembranzas dos feitos da infancia cos acontecementos presentes na adultez utilizando a analepse ou flashback como recurso continuo polo que os protagonistas infantís son representados por dous actores, un cativo e outro adulto. Os sucesos son narrados por un deles como narrador protagonista (Lorenzo), que se escoita con voz en off durante o filme.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1996: Nomeado ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SLEEPERS (15)". British Board of Film Classification. 21 de outubro de 1996. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  2. "LORENZO CARCATERRA - SLEEPERS". www.lorenzocarcaterra.com. Consultado o 2023-02-26. 
  3. Streitfeld, David (1995-07-26). "SLEEPERS': A RUDE AWAKENING?". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-02-26. 
  4. Ebert, Roger. "Sleepers movie review, film summary (1996)". www.rogerebert.com/ (en inglés). Consultado o 2023-02-26. 
  5. "sleeper - WordReference.com Dictionary of English". www.wordreference.com (en inglés). Consultado o 2023-02-26. 
  6. "Sleepers". Box Office Mojo. Consultado o 2023-02-26. 
  7. "Sleepers (1996) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 2023-02-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]