The Offspring
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Offspring | |
|---|---|
The Offspring no ano 2001 |
|
| Información | |
| Orixe | Orange County, California, Estados Unidos |
| Período | 1984 – actualidade |
| Xénero(s) | punk rock, skate punk, pop punk |
| Selo(s) discográfico(s) | Black Label Records, Nemesis Records, Epitaph Records, Columbia Records |
| Membros | Dexter Holland Noodles Greg K Pete Parada |
| Antigos membros | Ron Welty Atom Willard Josh Freese James Lilja Jim Benton Doug Thompson |
| Web oficial | www.offspring.com |
The Offspring, ou simplemente Offspring, é un grupo de música punk rock estadounidense, formado no Orange County, California, no ano 1984. Actualmente está integrada por Dexter Holland, Noodles, Greg K e Pete Parada. A banda é acreditada, xunto coas bandas de California Green Day e Rancid, por revivir o interese masivo polo punk rock nos Estados Unidos durante mediados dos anos 90. Ata a data The Offspring leva editados oito álbums de estudio, un recompilatorio, catro EPs e tres DVDs. Levan vendidos ao redor de 34 millóns de álbums en todo o mundo, sendo unha das bandas de punk rock con máis vendas de todos os tempos. Todos os álbums dende a esdición do seu derradeiro traballo con Epitaph Smash venderon un mínimo de un millón de copias.
Discografía [editar]
- The Offspring - 1989
- Ignition - 1992
- Smash - 1994
- Ixnay on the Hombre - 1997
- Americana - 1998
- Conspiracy of One - 2000
- Splinter - 2003
- Rise and Fall, Rage and Grace - 2008
- Days Go By - 2012
Ligazóns externas [editar]
- Web Oficial de The Offspring(en inglés)
- MySpace de The Offspring
- Canal Oficial no YouTube de The Offspring