Pop punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pop punk
Orixes do estilo: punk rock, pop, surf rock, power pop, garage rock, new wave
Orixes culturais: mediados dos 70 en Estados Unidos, Reino Unido, Canadá e outros países
Instrumentos típicos: voces, guitarra, baixo, batería e uso ocasional doutros instrumentos
Popularidade: varios graos de éxito comercial dende finais dos 70; éxito internacional masivo nos anos 90 e 2000

O pop punk é un xénero musical que combina elementos do punk rock coa música pop en varios graos. Allmusic descríbeo como unha variante do rock alternativo que adoita a mesturar melodías pop, tempos rápidos do punk, cambios de acordes e guitarras fortes[1]. About.com definiu ás bandas pop punk contemporáneas como grupos accesibles para as radios pero mantendo aínda a velocidade e actitude do punk clásico[2].

Non está claro cando o termo pop punk foi usado por vez primeira, pero as bandas de punk rock influenciadas polo pop veñen existindo dende mediados a finais dos anos 70. Un dos primeiros usos do termo apareceu nun artigo de 1977 do New York Times, "Cabaret: Tom Petty's Pop Punk Rock Evokes Sounds of 60s". A mediados dos 90, as bandas pop punk californianas Green Day e The Offspring, que foron seguidas posteriormente por blink-182, acadarían o éxito comercial en todo o mundo. Dos 90 en diante, moitas bandas asociadas ao xénero foron descritas como "happy punk", "faux-punk", "mall punk", "pseudo-punk" ou "bubblegum punk".

Notas[editar | editar a fonte]