Blaverismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O blaverismo, en catalán blaverisme, é a denominación coa que habitualmente se coñece un movemento político de reacción contra a corrente pancatalanista do nacionalismo valenciano no País Valencià. Debe o seu nome á defensa por parte deste movemento da banda azul (blava en catalán) na Bandeira da Comunidade Valenciana.

Orixe e características[editar | editar a fonte]

Esta denominación tiña orixinalmente unha connotación negativa; que aínda se manten entre os grupos sociais e políticos que consideran ao blaverismo como un tipo de ultradereita[1][2][3]—, malia que modernamente é asumida e reivindicada por algúns dos seus integrantes para diferenciarse doutros movementos que, ao igual que este, se autoproclaman tamén valencianistas pero contrarios ao secesionismo lingüístico.

O blaverismo é un movemento orixinalmente populista e heteroxéneo, de base españolista e nado na segunda metade do século XX e durante a Transición Española, que aglutina sectores de ideoloxía maioritariamente rexionalista ou foralista. O movemiento ten especial arraigo na capital e as comarcas lindantes; tamén ten partidarios na área das provincias de Alacant e Castellón.

Xurdimento do blaverismo[editar | editar a fonte]

Hai dous puntos de vista acerca do xurdimento do blaverismo. Os dous son parcialmente complementarios, e diferentes sensibilidades políticas porán máis énfase nun ou outro.

Reacción ao fusterianismo[editar | editar a fonte]

O blaverismo, dacordo aos seus partidarios e algúns dos seus críticos, xurde como reacción ás teses pancatalanistas do escritor valenciano Joan Fuster. Fuster, no seu ensaio Nosaltres els valencians (1962) e outros escritos, promulga un nacionalismo esencialista, baseado fundamentalmente na lingua e en factores culturais (aínda que tamén, en menor grao, étnicos) e conclúe, tras unha análise histórica da identidade valenciana moi influido polo marxismo, que os valencianos, maioritariamente ou esencialmente, comparten nacionalidade cos seus vecinos cataláns.

Estas teses gozarán de éxito entre boa parte da intelectualidade y dos universitarios dos anos 60, pola súa compoñente claramente antifranquista e de ruptura, que á súa vez contaxiará a toda a esquerda (cuxos partidos políticos adoptarán maioritariamente a bandeira cuatribarrada e o termo País Valencià, mesmo cando rexeiten o pancatalanismo). A ruptura fusteriana non foi plantexada só en relación co franquismo, senón tamén co valencianismo anterior á Guerra Civil.

A ruptura interna do valencianismo provocada polo xurdimento do novo valencianismo fusteriano favorecería a derivación (e o notable éxito) dunha parte do valencianismo tradicional dirixido a plantexamentos claramente anticatalanistas, dando lugar ao blaverismo. Este movemento fará seu un determinado universo simbólico ao que o novo valencianismo de raíz fusteriana tiña renunciado, arrastrando aos seus plantexamentos aos participantes do que, seguindo ao mestre A. Ariño, cabe chamar un valencianismo emotivo ou temperamental.

É importante enfatizar que o que definirá ao blaverismo non será a denuncia do argumento esencialista fusteriano como falaz, senón a súa resposta igualmente esencialista mais antagónica. Á frase de Fuster: "Non é que a bandeira valenciá sexa igual que a catalana. É a mesma cousa. Igual que a lingua e tantas outras cousas", o blaverismo respostará cunha negación rotunda de que ambas comunidades compartan algún destes aspectos.

A transición democrática e a UCD[editar | editar a fonte]

Algúns críticos do blaverismo, particularmente dende a esquerda, relativizan a importancia do punto de vista anterior e consideran un anacronismo o feito de que, mentres o fusterianismo nace coa publicación de Nosaltres els valencians no 1962, o blaverismo non se manifestará até 1977, en plena transición democrática. De feito, o libro de Fuster será publicado no 1962 pola valencianista Editorial Torre sen problema algún.

Polo contrario, estes críticos enfatizan o papel que terían xogado ao respecto políticos da UCD valenciana como Fernando Abril Martorell, Manuel Broseta e Emilio Attard, que despois das primeiras eleccións democráticas do 1977, que gañou a esquerda na Valencia, terían decidido recoller a bandeira do anticatalanismo para frear o avance dos socialistas, comunistas e nacionalistas partidarios dunha boa vecindade con Cataluña, e aos que se acusará de catalanistas ou catalanizadores. A primeira declaración anticatalanista dun dirixente da UCD corresponderá a Attard, máximo dirixente da provincia de Valencia, en decembro do 1977. En 1978, o escritor Vicent Andrés i Estellés é despedido como redactor xefe do diario Las Provincias por supostas presións políticas procedentes da UCD, e en xuño do mesmo ano publícase no mesmo diário o artigo de Manuel Broseta, [4] primeiro dunha serie de colaboracións estruturadoras das ideas anticatalanistas e da presunta estratexia da UCD a este respecto.

A identificación da UCD co ideario blaveiro chegará a ser absoluta. Durante as negociacións do Estatuto Valenciano, a UCD defenderá: a) a bandeira coronada tricolor, contra a cuatribarrada que defendían os poñentes socialistas e comunistas; b) a denominación valenciano para a lingua de seu constaría sen referencia algunha a súa filiación lingüística; c) a denominación de Reino de Valencia para a comunidade autónoma, contra a de País Valencià que defendía a esquerda. Malia a súa posición minoritaria, a UCD valenciana fará valer a súa capacidade de bloqueo para impor as súas teses en todos estes puntos, menos no último. Finalmente, a UCD estatal rexeitará a denominación País Valenciano no Congreso dos Deputados e rematarase adoptando a nova denominación, suxerida por Emilio Attard, de Comunidad Valenciana.

Igualmente, segundo estos críticos, teríase favorecido a infiltración de destacados elementos da dereita franquista no valencianismo tradicional. De feito, Attard chegou a incorporar no 1978 á UCD, como militantes, a membros do ultradereitista Grupo de Acción Valencianista, fundado o ano anterior.

Estes elementos ultradereitistas encabezarán os sectores máis extremistas e en ocasións agresivos do movemento, y atribuiránselles diversas acciones no 1977 e 1978, como a colocación de bombas contra librarías, insultos e ataques a autoridades democráticas na procesión cívica do 9 de outubro, descalificacións e persecucións desde medios de comunicación de institucións e persoas por catalanistas, agresións físicas e queima de locais públicos. Este tipo de accións continuará en anos sucesivos: a queima da senyera oficial do Consell Preautonómico (sen a banda azul coronada) no balcón do Ajuntament de Valencia en outubro do 1979, e a agresión a membros do Consell Valencià de Cultura na primavera de 1998 serán algunhas das que terán máis repercusión. As dúas principais figuras públicas do novo valencianismo, Manuel Sanchis Guarner e Joan Fuster, sufrirán sendos atentados con bomba en 1978 e 1981 respectivamente, dos que non se responsabilizará ningún grupo nin polos que persoa algunha será imputada: porén o Grupo de Acción Valencianista fará apoloxía do primeiro destes atentados na súa revista "SOM" en outubro do 2002[5], cando o delito xa tiña prescrito.

Os símbolos[editar | editar a fonte]

El Palleter Escultura en bronce de Emilio Caladín, profusamente utilizada na iconografía blaveira

Como sinalamos anteriormente, o blaverismo definirase, por encima de todo, pola sía negación de que existan elementos simbólicos e culturais importantes que sexan compartidos por cataláns e valencianos.

A bandeira[editar | editar a fonte]

A tradicional senyera tricolor valenciana coa franxa azul coroada xunto ao mastro, é desde a segunda metade do século XIV, por privilexio real, o símbolo privativo ou oficial da cidade de Valencia. Se este símbolo da cidade resultaba ou non aplicable por extensión ao resto do Reino, é unha cuestión para a que existe unha marxe de discusión desde o punto de vista académico. En calquera caso, a extensión deste símbolo privativo fóra da Cidade de Valencia e as súas comarcas adxacentes foi limitada, e a senyera do Rei (cuatribarrada), común a todos os territorios da Coroa de Aragón, será tamén seguida en boa parte do territorio.

Co rexurdimento do valencianismo ou sentimento identitario valenciano, a finais do século XIX e principios do XX, a bandeira tricolor adquirirá un carácter protagonista como símbolo privativo que nalgunhas ocasións compartirá coa senyera cuatribarrada espida (que será tamén honrada como o Pendón da Conquista, atopado o 1838).

O valencianismo pancatalanista fusteriano promoverá o uso exclusivo da senyera cuatribarrada espida (á que considerará a bandeira lexítima do antigo Reino de Valencia) como símbolo compartido co resto dos territorios de fala catalá. A iso responderá o valencianismo blaveiro co uso, agora exclusivo, da bandeira tricolor, aínda que non son os únicos que defenden esta insignia, aínda que sexa unha das súas características identitarias principais.

A connotación negativa que tiña orixinalmente o termo blaveiro provén do feito de que, desde o punto de vista estritamente heráldico, a franxa azul é un elemento menor, e os elementos substanciales son as barras vermellas sobre fondo amarelo e a coroa. Con todo, os blaveiros tratarán de engadir a franxa azul por todas as partes, ata nos escudos de municipios e entidades, o cal é unha imposibilidade heráldica.

No Estatuto de Autonomía de 1982 a senlleira tricolor coroada será designada bandeira oficial da Comunidade Valenciana.

A lingua[editar | editar a fonte]

Sen dúbida, a vertente lingüística do movemento é o seu trazo máis definitorio tal e como asumen os principais dicionarios valencianos.

Por oposición á caracterización por Joan Fuster dos valencianofalantes como pertencentes á nacionalidade catalá, os blaveiros avogarán por un uso dialectalizante do valenciano, e rexeitarán as unitaristas Normas de Castelló de 1932 para optar polas diferentes normativas ortográficas secesionistas do catalán propostas pola Real Academia de Cultura Valenciana a partir de 1978. Este proceso iniciarase co ensaio de Miquel Adlert En defensa de la llengua valenciana: perqué i cóm s’ha d’escriure la que es parla (1977) e os protagonistas do mesmo serán o propio Adlert e o poeta Xavier Casp, quen evolucionaron durante os anos 70 desde unha postura unitarista inicial.

O blaverismo lingüístico cultivará importantes éxitos durante os primeiros anos da súa andaina, no que se chamou Guerra da Lingua. En outubro de 1979, as súas teses imporanse en Lo Rat Penat, institución símbolo do valencianismo cultural. En marzo de 1981, poucos días antes de comezar as negociacións do Estatuto, a UCD dará o seu apoio ás Normas del Puig da RACV que foran asinadas ese mesmo mes. Ata o Estatuto de Autonomía chegará a publicarse no Diario Oficial da Generalitat Valenciana o 15 de xullo de 1982 con esta última normativa ortográfica. Con todo, a pesar destes éxitos iniciais, os intentos de institucionalizar estas normas pronto fracasarán, por razóns tanto políticas (afundimento da UCD) como culturais (amplo rexeitamento na comunidade científica e universitaria) e sociolóxicas (a limitada difusión que chegarán a ter entre os falantes).

En 2001 constituirase a Academia Valenciana da Lingua, única autoridade lingüística oficial na Comunidade Valenciana e non subordinada ao Instituto de Estudos Cataláns. O obxectivo manifesto por parte dos partidos políticos valencianos maioritarios será o deixar, deste xeito, fóra do debate político o tema da lingua. No preámbulo da súa Lei de creación 7/1998, do 16 de setembro, dise que: «O valenciano, idioma histórico e propio da Comunidade Valenciana, forma parte do sistema lingüístico que os correspondentes estatutos de autonomía dos territorios hispánicos da antiga Coroa de Aragón recoñecen como lingua propia.» Así mesmo, o Artigo 3 de devandita Lei declara que unha das súas funcións será «velar por [...] a normativización consolidada, a partir das chamadas Normas de Castelló». O ingreso na Academia Valenciana da Lingua de Xavier Casp, cando aínda era decano da Real Academia de Cultura Valenciana, suporá un duro golpe para o blaverismo.

Esta postura unitarista da Academia Valenciana da Lingua será referendada nun ditame aprobado por unanimidade o 9 de febreiro de 2005 (Ditame sobre os principios e criterios para a defensa da denominación e a entidade do valenciano), no que se afirma que «a lingua propia e histórica dos valencianos, desde o punto de vista da filoloxía, é tamén a que comparten as comunidades autónomas de Cataluña e as Illas Baleares, e o Principado de Andorra Este último ditame será asumido pola Generalitat Valenciana e pola totalidade das forzas políticas con representación no Parlamento valenciano.

Evolución do blaverismo[editar | editar a fonte]

O blaverismo tivo varias expresións políticas definidas tras a desaparición da UCD, entre elas destaca o partido Unió Valenciana, fundado en 1982, que formou parte de gobernos locais e autonómicos.

Froito da heteroxeneidade deste movemento, fai falta destacar a existencia de varios grupos como o que pode representar a extinta Joventut Valencianista, nacidos no seo do blaverismo e que durante os anos 90 evolucionaron cara a posicionamentos nacionalistas e que nalgúns casos fixérono tamén con reflexións provenientes da tradición fusteriana nun intento de converxencia bautizado como terceira vía.

Este e outros procesos, por exemplo a constitución da Academia Valenciana da Lingua ou a substitución parcial do discurso practicado polos fusterianistas (visualizado por unha banda importante da sociedade valenciana como "intento anexionista") minguaron a forza social deste movemento.

O blaverismo tamén tivo a súa expresión violenta materializada no Grup d'Accio Valencianista (GAV), unha organización autodenominada como valencianistas, en cuxa revista interna "Som" recoñecen ser os autores da queima da sennyera preautonómica no 9 de outubro de 1977 no Concello de Valencia. Ademais, por ese mesmo número, publicado no ano 2002, foron denunciados polo BNV de facer apoloxía ao terrorismo xa que, segundo os nacionalistas, manifestan nela a súa aprobación cos atentados con bomba contra Joan Fuster e Manuel Sanchis Guarner.

Recientemente, desde o ano 2005, o blaverismo foi acusado por diferentes forzas políticas progresistas e nacionalistas valencianas de atentar contra as sedes do BNV en Valencia[6][7] y localidades de los alrededores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outro artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]