Ultradereita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ultradereita fórmana aquelas persoas ou grupos que apoian algunha das posicións da dereita política, expresándoas de maneira extrema no seu comportamento político, relixioso ou social. Adoitan caracterizarse pola súa defensa a ultranza de ideoloxías conservadoras, capitalistas ou nacionalistas. Ao longo da historia, os partidos e formacións de ultradereita recorreron en diversas ocasións ao terrorismo e á violencia.