Librería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libros luxemburgueses nunha libraría de Strassen.

Unha librería ou libraría é un comercio dedicado á venda de libros, poden ser pequenas tendas que ofrecen uns poucos centos de libros ata grandes establecementos comerciais con máis de 200.000 títulos, algunhas librerías están especializadas na venda de libros antigos. Alén da venda de libros tamén poden vender materiais relacionados como folios, mapas, bolígrafos, sobres ou xornais pero as tendas especializadas en este tipo de materiais coñécense como papelerías, aínda que vendan tamén libros. Moitas universidades contan coas súas propias librerías para a venda principalmente de libros ós estudantes. Tamén outros tipo de institucións, como museos ou templos, teñen as súas propias librerías. Nalgúns países, como o Brasil, é habitual que as librerías medianas e grandes inclúan servizo de cafetería.

Historia[editar | editar a fonte]

As librerías de Roma, taberna librarii situábanse no Argiletum e no Vicus Sandalarius, nas portas ou ás súas beiras expuñan a listaxe dos libros á venda. No mundo musulmán desenvolveuse nas grandes cidades, Damasco, Bagdad ou Córdoba, un activo comercio do libro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]