Billie Joe Armstrong
| Billie Joe Armstrong | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | Wilhelm Fink, Reverend Strychnine Twitch, Fink |
| Naceu | 17 de febreiro de 1972 (40 anos) |
| Orixe | Oakland, California. Estados Unidos |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Reprise, Lookout!, Adeline, Recess |
| Relacionado con | Green Day |
| Tempo en activo | 1986 - actualidade |
| Web | |
Billie Joe Armstrong, nado o 17 de febreiro de 1972 en Oakland, California, é o principal compositor, vocalista e guitarrista da banda de punk rock Green Day. Nos seus discos toca tamén o piano, o saxo, a batería, a harmónica e mais a mandolina.
[editar] Traxectoria
[editar] Infancia e adolescencia
É o menor dunha familia de seis fillos que vivían en Rodeo, California. Seu pai, Andy Armstrong, era camioneiro e baterista de jazz que finou de cancro de esófago cando Billie tiña dez anos. Antes de finar, regaloulle a Billie súa primeira guitarra á cal lle chamou Blue e a cubríu de calcomanías, adhesivos e pinturas, moitas roturas e as iniciais do seu nome (BJ) pintadas en vermello. Esta guitarra é unha copia dunha Fender Stratocaster. Hoxe en día, Billie ten centos de copias desta guitarra as cales usa nos concertos, a maioría das veces, para tocar en medio ton máis baixo do normal, e en cancións pertencentes aos discos Dookie e Insomniac, Blue pódese ver no video clip de Basket Case. A perfeción das copias, según Billie, é impresionante. Súa nai, Ollie, era camarera no restaurante Rod's Hickory Pit, onde Billie e o seu amigo Mike Dirnt traballaron na súa adolescencia. Seu nome se escribe con 'ie' (en feminino), en vez de Billy, porque súa nai cando foi facer a partida de nacemento, estaba baixo os efectos da medicación do parto, ou como se di nas notas de 1,039/Smoothed Out Slappy Hours, "A nai de Billie escribíu mal seu nome na partida de nacemento porque estaba colocada". É o único membro da banda que usa o seu auténtico nome. Sendo xove, foise vivir a unha casa okupa xunto co seu moi amigo Mike Dirnt, onde se criou e se deu coñecer na escena punk rock.
A paixón pola música víñalle dende pequeno. Cando rondaba a idade dos 5 anos, súa nai llevábao a cantar e a repartir ovos de Pascua aos enfermos do hospital de Berkeley, e inclusive gravou un single, no cal sona un anaco na introdución de "María" en International Superhits. Chamábase "Look For Love".
En 1982, cando el tiña 11 anos, coñeceu a Mike Dirnt na cafetería da escola, e comprobaron que compartían gustos musicais. Xuntos tocaban cancións de Ozzy Osbourne, Queen, Def Leppard, e Van Halen.
Cando tiña 15 anos era fan das bandas de hard rock e heavy metal do momento, pero seus irmáns Allan e David seguían ás bandas de punk da zona. Cando escoitou Holidays the Sun, primiera pista do álbum Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols dos Sex Pistols, na casa dunha amiga, convertiuse nun "punk-rocker".
[editar] Carreira
En 1987 Armstrong formou unha banda chamada Sweet Children co seu amigo da infancia Mike Dirnt. Ao principio Dirnt e Armstrong tocaban a guitarra, con John Kiffmeyer, coñecido tamén coma Al Sobrante, na batería. Despois duns poucos concertos e da gravación dunha demo Hughes deixou a banda en 1988.
|
||||||||||||||