Fender Stratocaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patente rexistrada en 1954

A Fender Stratocaster é unha guitarra eléctrica da marca americana Fender. A súa silueta volveuse a icona mesmo da guitarra eléctrica e é un dos modelos máis difundidos no mundo. Naceu das impresións dos primeiros guitarristas que utilizaron Telecaster, moitos deles desexaban unha guitarra máis elaborada utilizable en blues ou para a música folk, cun segundo lado cortado, unha pastilla suplementaria en posición media, unha pastilla aguda que "renxe" menos e un brazo de vibrato para dispor un efecto "guitarra hawaiana".

Deseñada en 1954 Leo Fender, Freddie Tavares e George Fullerton, a Stratocaster adopta unha forma vangardista para a época. Non sendo guitarrista el mesmo, Leo Fender acudiu a profesionais de música country, tales como Bill Carson e Rex Gallion, para validar as opcións elixidas en cada etapa da concepción e asegurarse de que o modelo correspondía ás súas necesidades.

Unha vez lanzada, a guitarra foi concibida para a produción en serie. De feito, a invención e logo a fabricación da guitarra eléctrica, todos os deseñadores e modelos confundidos, pasou moi rapidamente do estadio experimental ao estadio de produción en masa. Participou amplamente na evolución da música popular occidental dende os anos 1950.

Caravilleiro dunha Fender Stratocaster

Descrición[editar | editar a fonte]

A Stratocaster é unha guitarra de tipo solid-body (corpo solido), por oposición á guitarra acústica cuxo corpo baleiro forma unha caixa de resonancia, está formada dun corpo en ameneiro ou en freixo segundo os acabados, dun mastro apertado por catro parafusos ata maio 1971, por tres parafusos a continuación, para volver a catro parafusos ao principio dos anos 1980. O mastro, ao principio en pradairo masivo, é unha composición de pradairo e de palisandro para o diapasón dende finais de 1959. Dotada de tres pastillas sinxelas (singre coil), a Stratocaster permitía na orixe obter tres sons. O selector (switch) de cinco posicións apareceu nos anos 1970, facendo a seleción das pastillas máis estable. Hoxe, o novo modelo de Stratocaster, provisto dun switch especial chamado «S-1», ofrece unha paleta sonora extensa (esta opción non estivo máis dispoñible coa chegada dos novos modelos American Standard en xaneiro 2008, só as guitarras da gama American Deluxe están equipadas con este conmutador). Certas guitarras (incluídas as Stratocaster Elite e Powerhouse, así como os modelos signature Eric Clapton, Richie Sambora, Buddy Guy, Gerry McGee e Nono -Norbert Krief) teñen un circuíto activo con atenuación dos graves e dos agudos (TBX/treble-bass expander) e igualación variable das frecuencias medias (MDX/mid boost) con 12 ou 25 dB de potencia sonora (segundo os modelos).

A Stratocaster é tamén a primeira guitarra provista dun brazo de vibrato eficaz. Os outros brazos de vibratos da época, e en particular os de Paul Bigsby, non mantiñan a afinación estable. Leo Fender inventou un bloque de panca unida á ponte que permitía, mediante un sistema de resortes, resgresar á posición orixinal das cordas sen que estas se desafinasen. Ata á chegada do sistema de bloqueo Floyd Rose nos anos 1980, este modelo foi o máis eficaz.

Desmarcouse rapidamente, en termos de deseño, dos outros modelos do mesmo tipo producidos naquela época, engalanándose con cores brillantes (as guitarras producidas ata aquí non tiñan outras coras máis que o da propia madeira ou o sunburst, un degradado da cor marrón) e adoptou un deseño revolucionario e ergonómico nomeado french curves (curvas francesas).

A Stratocaster distínguese sobre todo polos seus aspectos prácticos: pesa pouco en comparación cos outros modelos (en particular a Gibson Les Paul, principal competidora da Strat), e os seus lados cortados permiten un mellor acceso aos últimos trastes do mastro (os máis agudos). É sen dúbida o modelo de guitarra eléctrica máis polivalente e tamén o máis imitado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fender Stratocaster