Julian Assange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Assange en 2010.

Julian Paul Assange, nado en Townsville (Queensland) o 3 de xullo de 1971, é un xornalista, programador e activista de internet australiano, coñecido por ser o portavoz e editor do sitio web WikiLeaks.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Assange estudou física e matemáticas na Universidade de Melbourne até 2006, cando empezou a implicarse profundamente en Wikileaks. Foi descrito como moi autodidacta e cumpridamente lido en ciencias e matemáticas. Tamén estudou filosofía e neurociencia. Na súa páxina web, describiu como representou á súa universidade na Competición Nacional Australiana de Física en 2005.

Wikilieaks[editar | editar a fonte]

Assange en 2009.

Wikileaks foi fundado en 2006. Assange está entre os nove membros asesores, e é o voceiro diante dos medios de comunicación. Tamén foi nomeado director e fundador do sitio e ten a decisión final no proceso de exame dos documentos presentados ao sitio. Como todos os integrantes do sitio, Assange traballa en calidade de voluntario. Kristinn Hrafnsson tomou as rendas da organización a partir da súa detención o 7 de decembro, en cumprimento da orde europea de detención internacional emitida desde Suecia, pola policía metropolitana de Londres despois de presentarse nunha comisaría pola súa propia vontade, ao estar acusado dos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, cargos polémicos que a día de hoxe non están en absolutos claros.

Reaccións ao arresto[editar | editar a fonte]

Manifestación de apoio a Assange en Sidney, o 20 de decembro de 2010.

Perante a detención de Assange acusado pola fiscalía sueca dos supostos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, e a negativa da xustiza británica a que saia en liberdade baixo fianza creouse a FreeAssange.org, unha plataforma de apoio pola liberdade de Assange. Os seus partidarios consideran que a acusación é falsa e que a intensificación da procura de Assange coincidiu coa publicación por parte de Wikileaks e outro cinco órganos de prensa de cables diplomáticos confidenciais estadounidenses, o que provocou a indignación dos Estados Unidos e de numerosos países afectados polas revelacións e consecuentemente as presión internacionais para lograr o seu encarceramento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]