Azulenta alpina
| Azulenta alpina | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prunella collaris |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Prunella collaris'' (Scopoli, 1769) |
|||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||
A azulenta alpina (Prunella collaris) é unha ave paseriforme da familia Prunellidae[1] visible en ladeiras rochosas e prados de alta montaña. En inverno, a súa área de distribución é máis ampla, incluíndo altitudes menores. A súa cabeza é gris, o peteiro amarelado, as ás escuras e unha parte inferior e lateral riscada avermellada. Pola forma e comportamento, parécese ao Prunella modularis, pero en maior tamaño.
A súa voz é en reclamo curto, tipo gorxeo, errático, cando está pousado ou en voo.
O seu niño é herbáceo, en fendas rochosas, con 3-5 ovos que pon en dúas niñadas, de maio a agosto.
Aliméntase peteirando no chan pequenos insectos, arácnidos, baias e sementes.
A súa distribución é a alta montaña de Serra Nevada, Pireneos e Alpes; localmente, aparece en Italia e os Balcáns. Nos cumes do Mulhacén ou Catavento, resulta rechamante o seu comportamento extremadamente confiado ante a presenza do home.
No inverno pode acadar a costa, aínda que isto é moito máis raro.
[editar] Subespecies
Recoñécense as seguintes subespecies:[1]
- Prunella collaris collaris
- Prunella collaris subalpina
- Prunella collaris montana
- Prunella collaris rufilata
- Prunella collaris whymperi
- Prunella collaris nipalensis
- Prunella collaris tibetana
- Prunella collaris erythropygia
- Prunella collaris fennelli
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan e C. L. Wood. (2010) The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Consultado o 2 de xaneiro de 2012.
- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8
[editar] Ligazóns externas
- Vídeos da azulenta alpina na Internet Bird Collection