Autoidentificación
Autoidentificación foi un concepto acuñado por Manuel Fraga Iribarne na súa primeira lexislatura como Presidente da Xunta de Galicia, nun intento por acadar unha síntese constitucionalista do pensamento galeguista non soberanista.
Pretendeu constituílo nunha alternativa dialéctica ao concepto de autodeterminación defendido naqueles momentos por forzas presentes no Parlamento de Galicia como o PSG-EG de Camilo Nogueira Román ou o Bloque Nacionalista Galego liderado daquela por Xosé Manuel Beiras.
Índice |
[editar] Definición e características
Definiuno como o dereito que ten o cidadán galego fronte aos dirixentes da comunidade autónoma e dos estados e organismos internacionais ao recoñecemento da personalidade propia de Galicia segundo os seus sinais de identidade colectiva e ao respecto desta mediante unha integración equilibrada na unidade político-administrativa superior.
Trataba de realizar e desenvolver o dereito a autonomía recoñecido no artigo 2 da Constitución de 1978, de maneira que Galicia non teña que deixar de se-lo que foi, o que é e mailo que quere chegar a ser. Buscaba o paralelismo na expresión Aufhebung utilizada por Hegel para o proceso de integración dos estados alemáns: unha subsunción que non fose absorción senón que permitise dialécticamente un desenvolvemento pleno aberto á participación activa e creadora en unidades máis amplas: o Estado español ou a Unión Europea[2].
Nese sentido o concepto, ademais dun dereito, tradúcese nun principio informador das políticas públicas a deseñar e desenvolver polo goberno de Galicia.
Neste sentido o concepto, segundo el, debía plasmarse na normalización lingüística como política transversal e de consenso, no apoio aos medios de comunicación galegos e ao mundo editorial, na recuperación do pasado histórico como antigo Reino (recompilación por parte da Xunta de Galicia en varios tomos das actas da Xunta do Reino de Galicia, nomeamento de Emilio González López como cronista oficial do Reino de Galicia o 4 de outubro de 1991...), na divulgación e exaltación da súas forzas creadoras a través da arte e a cultura material (Proxecto Galicia no Tempo, impulsado por Daniel Barata Quintas), a recuperación e actualización dos camiños e empresas que fixeron de Galicia catalizadora da cultura Europea (Xacobeo 93 coordinado por Víctor Manuel Vázquez Portomeñe) e universal (proxecto Santiago e América en colaboración co Consello da Cultura Galega), a rehabilitación do patrimonio cultural para novos usos (rahabilitación do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, rehabilitación do mosteiro de San Clodio impulsadas por Aurelio Miras Portugal...) a revitalización das relacións con Portugal a través da creación da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal[4]., o afondamento no principio de autonomía a través da proposta de Administración Única ata os límites constitucionalmente posibles[5] , a protección do territorio a través da creación de parques naturais como o Parque Natural do Xurés, o Parque Natural das Fragas do Eume, o Parque Natural das Dunas de Corrubedo, o Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra e a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural, impulsada por Xosé Cuíña.
Este concepto facilitou a integración de efectivos nacionalistas moderados no PPdG. Así, co gallo da incorporación de Centristas de Galicia de Victorino Núñez no congreso extraordinario de 21 de decembro de 1991, Fraga declara en setembro dese mesmo ano que con esta operación o nacionalismo ben entendido da un gran paso, e Xosé Cuíña, na asemblea do partido de 24 de abril, afirmaba que ese suposto nacionalismo só se detiña na fronteira da autodeterminación[6]
[editar] Outras visións
Para o nacionalismo soberanista o concepto era un mero sucedáneo e unha estratexia de lexitimación [7]. Así o deputado do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega Xoán López Facal escribía:
Para o catedrático de Historia Contemporánea Xusto Beramendi a autoidentificación supuxo:
Para o premio nacional de literatura e articulista Suso de Toro:
[editar] Notas
- ↑ Manuel Fraga Iribarne. Artigo Galicia abierta y solidaria no libro Luces y Sombras. Reflexiones al final de un milenio. Editorial Guías del Noroeste S.L. pax. 137 ISBN:84-920095-0-0
- ↑ Manuel Fraga Iribarne. Da Acción ao Pensamento. Ir Indo edicións, Vigo 1993, pax. 31 ISBN 84-7680-132-7
- ↑ Manuel Fraga Iribarne. opus cit. pax. 9
- ↑ Manuel Fraga Iribarne. Galicia fin de milenio Editorial Planeta. 1997, pax 15 a 170 ISBN 84-08-02206-7
- ↑ Xosé Vilas Nogueira, Ramón Máiz Suárez, Francisco Caamaño Domínguez, Xosé Manuel Rivera Otero. O Sistema Político de Galicia. Edicións Xerais, 1994, pax. 336. ISBN:84-7507-777-3
- ↑ A Gran Historia de Galicia. Tomo XIV. Volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax. 125. ISBN:978-84-96931-32-9
- ↑ López Facal. El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 4.2.1992, pax.9.
- ↑ A Gran Historia de Galicia. Tomo XIV. Volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax. 126. ISBN:978-84-96931-32-9
- ↑ El País, 23 de marzo 2008