Aristide Guarneri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guarneri
Información persoal
Nome Aristide Guarneri
Nacemento 7 de marzo de 1938
Lugar de nacemento Cremona
Altura 1,81 m.
Posición defensa
Carreira xuvenil
Juventina
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1956–1957 Codogno
1957–1958 Como 32 (0)
1958–1967 Inter de Milán 268 (3)
1967–1968 Bologna 28 (1)
1968–1969 Napoli 22 (0)
1969–1970 Inter de Milán 3 (0)
1970–1973 Cremonese 8 (0)
Selección nacional
1963–1968 Italia 21 (1)
Adestrador
1982–1983 Sant'Angelo
1983–1984 Soresinese
1984–1985 Sant'Angelo
1986 Fiorenzuola
Na rede
Discogs: 4802587 FIFA: 50278 UEFA: 36644 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Aristide Guarneri, nado en Cremona o 7 de marzo de 1938, é un exfutbolista italiano, que xogaba como defensa. Formou con Armando Picchi a parella de centrais do Inter de Milán de Helenio Herrera, co que conquistou tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección italiana, coa que gañou a Eurocopa de 1968.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na Juventina (equipo xuvenil de Cremona) e no Codogno (na Promozione),[1] pasando en 1957 ao Como, da Serie B.[2] Gañou a titularidade debido á exclusión dun compañeiro por motivos disciplinarios,[1] e o técnico arxentino Hugo Lamanna colocouno como lateral esquerdo.[3]

En 1958 fichou polo Inter, onde foi utilizado por primeira vez como defensa central polo adestrador Giulio Cappelli debido ás decepcionantes actuacións do titular Cardarelli,[1] e a proposta de Gianni Invernizzi, designado inicialmente para o posto.[1] Debutou cos nerazzurri o 10 de outubro no triunfo por 8-0 ante o SPAL, e pronto se converteu nun titular indiscutible. A partir de 1962 formou con Armando Picchi a parella defensiva de centrais do Grande Inter adestrado por Helenio Herrera.[1] Gañou tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.

Deixou o Inter en 1967 para xogar unha tempada no Bologna e outra no Napoli, onde ofreceu un rendemento por baixo das expectativas. En 1969 volveu unha última tempada ao Inter, onde Heriberto Herrera substituíra a Helenio no banco, pero non atopou espazo co técnico paraguaio,[1] disputando só dous partidos da Copa de Feiras e tres ao final do campionato.

En xaneiro de 1971, a pesar de ser solicitado polo Palermo, pasou a xogar no Cremonese, da Serie D,[4] deixando o Inter tras 335 partidos e catro goles. Co equipo da súa terra obtivo o ascenso á Serie C, xogando outros dous anos como capitán na terceira categoría antes de retirarse en 1973, aos 35 anos.[4]

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Guarneri (de pé, segundo pola dereita) coa selección italiana na final da Eurocopa de 1968.

Debutou coa selección italiana o 12 de maio de 1963 nunha vitoria por 3-0 contra o Brasil campión do mundo. Xogou un total de 21 partidos coa azzurra, coa que participou no Mundial de 1966 e na Eurocopa de 1968, logrando o título nesta última. Disputou a final contra Iugoslavia, que precisou dun partido de desempate. Anotou o seu único gol internacional en 1966, nun amigable contra a URSS, onde lle marcou ao histórico gardameta Lev Iashin.[3][1]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada pasou a ser adestrador do equipo xuvenil do Cremonese, co que gañou o campionato de Serie C xuvenil en 1974.[1] Máis tarde foi segundo adestrador de Giancarlo Danova no Sant'Angelo e no Parma e adestrou a Fiorenzuola, na Interregionale, e a Viadana e a Soresinese en competicións de afeccionados.[1] Na tempada 1991/92 foi segundo adestrador do coruñés Luis Suárez no banco do Inter, trala destitución de Corrado Orrico.[1]

Trala súa experiencia como adestrador, realizou diversas funcións no Inter de Milán, entre elas a de observador na procura de novos talentos para o club.[5]

Características técnicas[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira xogando como lateral,[3] pasando logo ao posto de defensa central, papel no que prefería o xogo da anticipación ás intervencións sobre o rival.[1] Non foi nunca expulsado na súa carreira, polo que era alcumado lo stopper gentiluomo ("o central cabaleiro").[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Inter de Milán
Selección italiana

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Guarneri, stopper e gentiluomo". La Provincia (en italiano). 17 de xaneiro de 2001. p. 39. 
  2. Mura, Gianni (3 de febreiro de 2014). "Aristide Guarneri, lo stopper gentiluomo che fece gol a Jascin: "La mia vita con il mago"". la Repubblica (en italiano). Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Guarneri, dal Como all'Italia campione d'Europa". Il Corriere di Como (en italiano). 12 de xuño de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Everet & Fontanelli 2005, p. 259.
  5. Monti, Fabio (31 de xullo de 2006). "Aristide Guarneri: vive nel centro di Cremona E va a caccia di nuovi campioni per l' Inter". Corriere della Sera (en italiano). p. 8. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Everet, Alexandro; Fontanelli, Carlo (2005). Unione Sportiva Cremonese - Oltre un secolo di storia (en italiano). Geo Edizioni. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]