Serie D
| Serie D |
|---|
| Fundación |
| 1948 |
| País |
| Ascenso |
| Lega Pro Seconda Divisione |
| Descenso |
| Eccellenza |
| Nº equipos |
| 166 |
| Copa |
| Scudetto Dilettanti |
| Campión (2008/09) |
| FC Pro Vasto |
| Web Oficial |
| www.interregionale.com |
A Serie D é a quinta categoría do fútbol en Italia, detrás da Serie A, Serie B, Serie C1 e Serie C2.
A liga regular da Serie D comeza normalmente en setembro e remata en maio ou xuño, xogando 34, 36 ou 38 partidos dependendo do grupo e está composto por 166 equipos en 9 grupos.
Grupos [editar]
- Grupo A - equipos de Piemonte, Liguria e Val de Aosta.
- Grupo B - equipos de Lombardía e Piemonte.
- Grupo C - equipos de Véneto, Friuli-Venezia Giulia e Trentino-Alto Adigio.
- Grupo D - equipos de Lombardía, Emilia-Romaña, Véneto e Toscana.
- Grupo E - equipos de Toscana, Umbría e Lazio.
- Grupo F - equipos de Marche, Umbría, Abruzzo e Molise.
- Grupo G - equipos de Lazio e Sardeña.
- Grupo H - equipos de Campania, Apulia, Basilicata, Calabria e Molise.
- Grupo I - equipos de Campania, Calabria e Sicilia.
Ascenso [editar]
O primeiro de cada grupo ascende á Serie C2, 9 equipos en total.
Normalmente algún equipo dunha división superior adoita ter problemas financeiros e xeralmente hai máis ascensos para ocupar as prazas da Serie C2. Estas prazas ocúpanas os equipos gañadores dos playoff.
Descenso [editar]
Descenden á Eccellenza (6º nivel) catro equipos por grupo, descendendo os dous últimos clasificados directamente (17º e 18º), mentres que os equipos clasificados nos postos 13º ao 16º xogan unha eliminatoria (13 contra 16, contra 14 e 15). Os perdedores da eliminatoria perden a categoría, en total 36 equipos.