Beniamino Di Giacomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Di Giacomo
Información persoal
Nome Beniamino Di Giacomo
Nacemento 13 de novembro de 1935
Lugar de nacemento Porto Recanati
Altura 1,70 m.
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
1952–1954 Castelfidardo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1954–1955 Castelfidardo 31 (14)
1955–1957 SPAL 58 (17)
1957–1961 Napoli 120 (32)
1961–1962 Lecco 34 (14)
1962 Torino 5 (2)
1962–1964 Inter de Milán 34 (13)
1964–1968 Mantova 107 (22)
1968–1969 Cesena 17 (5)
1969–1972 Anconitana 81 (23)
1972–1973 Fano 9 (3)
Selección nacional
1964 Italia 1 (0)
Adestrador
Fabriano
1976–1980 Osimana
1980–1981 Civitanovese
1981–1982 Fano
1982–1985 Jesina
1985–1986 Civitanovese
1986–1987 Pro Italia Galatina
1987 Ternana
1987–1988 Teramo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Beniamino Di Giacomo, nado en Porto Recanati, Macerata, o 13 de novembro de 1935, é un exfutbolista e exadestrador italiano, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Castelfidardo, antes de fichar polo SPAL,[1] co que debutou na Serie A pouco antes de cumprir os vinte anos, na vitoria por 4-0 ante o Triestina o 9 de outubro de 1955, marcando ademais o seu primeiro gol.[2] Completou a súa primeira tempada con 7 goles en 26 partidos. Na seguinte campaña foi o máximo goleador do equipo, con 10 tantos, o último deles anotado nunha histórica vitoria por 0-1 en San Siro contra o Milan.[3]

Entre 1957 a 1961 defendeu as cores do Napoli, marcando 32 goles en 120 partidos.[1] Despois do descenso do equipo de Campania á serie B, pasou ao Lecco, sumando un novo descenso.[1]

En 1962 pasou brevemente polo Torino antes de ser traspasado ao Inter de Milán a cambio de Hitchens.[4] Marcou un gol no seu debut co equipo milanés,[1] e foi un dos protagonistas do primeiro título da Serie A conquistado durante a era de Helenio Herrera.[5][6] A pesar de chegar coa competición xa iniciada, acabou como o máximo goleador do seu equipo, con 11 tantos, incluído un triplete contra o seu exequipo, o Napoli, no estadio San Paolo.

Ao ano seguinte sufriu problemas físicos, o que sumado á chegada de Aurelio Milani, fixo que só disputase 10 partidos, marcando un gol.[7] O equipo conquistou a súa primeira Copa de Europa, pero non puido repetir o título de liga, perdendo o partido de desempate contra o Bolongna.[8]

Entre 1964 e 1968 xogou no Mantova, onde pasou por un descenso e un ascenso.[1] Na derradeira xornada da Serie A 1966/67 marcou o gol co que o equipo branco e vermello derrotou ao Inter, que perdeu así o título en favor da Juventus.[8][1][4] Finalmente, colgou as botas en 1973, tras vestir as camisetas de Cesena, Ancona e Fano.[1]

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Foi internacional nun partido coa selección italiana,[9] saíndo de titular nun partido amigable contra Dinamarca o 5 de decembro de 1964.[10]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Inter de Milán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Galasso, Vito (2015). L'Inter dalla A alla Z (en italiano). Newton Compton Editori. p. 384. ISBN 9788854186989. 
  2. "Classifica e risultati". La Stampa (en italiano). 10 de outubro de 1955. p. 4. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  3. "Le altre partite di Serie A". La Stampa (en italiano). 10 de xuño de 1957. p. 4. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 De Calò, Alessandro (20 de febreiro de 1998). "Maghi, papere, astronauti e Juve-Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  5. Cattini, Leo (19 de novembro de 1962). "L'Inter segna al primo minuto e batte la Sampdoria per 4 a 0". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  6. Irace, Ugo (18 de febreiro de 1963). "Troppo debole il Napoli, l'Inter si scatena: 5-1". La Stampa (en italiano). p. 7. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  7. Cattini, Leo (16 de setembro de 1963). "Con difficoltà l'Inter supera il Modena: 2-1". La Stampa (en italiano). p. 6. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  8. 8,0 8,1 Grassia, Filippo; Lotito, Gianpiero (2008). INTER - Dalla nascita allo scudetto del centenario (en italiano). Milano: Antonio Vallardi Editore. pp. 122–123. ISBN 978-88-95684-11-6. 
  9. VV. AA. (2018). "2019". Almanacco Illustrato del Calcio (en italiano) (Modena: Panini Editore): 621. ISSN 1129-3381. 
  10. Accatino, Giulio (6 de decembro de 1964). "A stento l'Italia batte la Danimarca: 3 a 1". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 25 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]