Archer Milton Huntington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArcher Milton Huntington

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1870 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Bethel, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , poeta , arqueólogo , escritor , Bibliófilo , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Hyatt Huntington (1923–1955)
PaisCollis P. Huntington (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Arabella Huntington Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Worsham-Huntington-1


Archer Milton Huntington, nado en Nova York o 10 de marzo de 1870 e finado en Bethel (Connecticut) o 11 de decembro de 1955, foi un arqueólogo, numismático, bibliófilo, filántropo, hispanista e poeta estadounidense, fundador da Hispanic Society of America en 1904.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Huntington era fillo de Collis P. Huntington, quen foi o fundador da compañía de ferrocarrís Central Pacific Railroad e dos estaleiros Newport News Shipbuilding and Drydock Companies. Herdou unha das maiores fortunas dos Estados Unidos. Archer Milton dedicouse a viaxar, aos seus intereses culturais e a realizar o seu soño de fundar un museo coas coleccións que ía comprando. Unha viaxe a México aos quince anos provocou a súa afección por todo o hispánico e en 1892 viaxou por primeira vez á Península Ibérica.

Decidiu que o seu museo fose unha institución encargada de divulgar os estudos hispánicos e aprendeu o castelán, escribindo versos nesa lingua. Trala Guerra Hispano-Estadounidense fixo escavacións en Itálica.

Coleccionou pinturas de el Greco, Francisco de Zurbarán, José de Ribera, Alonso Cano, Diego Velázquez, Francisco de Goya, Joaquín Sorolla, Mariano Fortuny, Ramón Casas, Santiago Rusiñol, Isidro Nonell e Ignacio Zuloaga, ademais de obxectos artísticos españois. Creou adxunta ao museo a biblioteca e con ambas as institucións fundou a Hispanic Society of America o 18 de maio de 1904.

O 10 de marzo de 1923 casou coa escultura Anna Vaughn Hyatt, que adornou a institución coas súas esculturas e en 1930 fundou o Mariners' Museum en Newport News, Virxinia. Foi ademais presidente da American Geographical Society e do American Museum of Natural History, e membro, e benefactor da American Academy of Arts and Letters e da American Numismatic Society, que tamén chegou a presidir.[1][2]

Medalla Huntington[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Medalla Huntington.

Na súa honra, a American Numismatic Society instituíu a medalla Huntington, outorgada anualmente en recoñecemento das contribucións destacadas aos estudos numismáticos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]