Aqua (satélite)
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observación terrestre. |
| Fabricante | |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 4 de maio de 2002[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta II 7920[2][4][5] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
| Obxectivo da misión | Estudio da interacción entre os océanos e as masas continentais da Terra.[2] |
| NSSDC ID | 2002-022A |
| Páxina web | http://aqua.nasa.gov/ |
| Masa | 3117 kg[2][4] |
| Dimensións | 4,81 m x 16,7 m x 8,04 m (despregado)[6] |
| Potencia | 4444 vatios[2] |
| Semieixo maior | 7080,6 km[1] |
| Inclinación | 98,2 graos[1] |
| Apoapse | 710,5 km[1] |
| Periapse | 708,8 km[1] |
Aqua (do latín aqua, que significa auga), tamén denominado EOS PM-1, é un satélite artificial da NASA e instrumentación con colaboración internacional. Aqua foi lanzado o 4 de maio de 2002 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta II 7920 a unha órbita terrestre.[2][1][5]
Índice |
Características [editar]
A misión de Aqua consiste en estudar as precipitacións, evaporación e o ciclo do auga da Terra. O satélite é o segundo compoñente principal do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System, EOS) da NASA. Foi precedido polo satélite Terra (lanzado en 1999) e seguido por Aura (lanzado en 2004).
Aqua sigue unha órbita heliosincrónica e cruza o ecuador na tarde local.[2] Na súa órbita vai diante do chamado A-train (tren A), un conxunto de satélites de observación terrestre (Aura, CALIPSO, CloudSat e PARASOL) que voa en formación. O satélite usa hidracina como propelente.[6]
Instrumentación [editar]
Aqua leva seis instrumentos para a observación do auga nas súas distintas formas na superficie e na atmosfera terrestre:
- AMSR-E (Advanced Microwave Scanning Radiometer-EOS): mide as propiedades das nubes, a temperatura da superficie mariña, a velocidade do vento en superficie e o fluxo de enerxía radiativo. Proporcionado pola NASDA xaponesa. Deixou de funcionar en outubro de 2011.[4]
- MODIS (Moderate Resolution Imaging Spectroradiometer): mide as propiedades das nubes e o fluxo de enerxía radiativo, así como as propiedades dos aerosoles, da cobertura do solo e os cambios nos usos da terra. Un instrumento idéntico voa a bordo do satélite Terra.
- AMSU-A (Advanced Microwave Sounding Unit): mide a temperatura e humidade da atmosfera.
- AIRS (Atmospheric Infrared Sounder): mide a temperatura e humidade da atmosfera, así como as temperaturas da superficie terrestre e mariña.
- HSB (Humidity Sounder for Brazil): usa a banda VHF para medir a humidade atmosférica. Proporcionado polo Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais de Brasil.
- CERES (Clouds and the Earth's Radiant Energy System): mide o fluxo de enerxía radiativa en banda ancha.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "AQUA" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=27424. Consultado o 5 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Aqua" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2002-022A. Consultado o 5 de decembro de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations(Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (V.02-58657 (E)). 9 de outubro de 2002. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1297.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "EOS-PM 1 (Aqua)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/eos-pm-1.htm. Consultado o 5 de decembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 "Delta 7920-10L" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/del2010l.htm. Consultado o 27 de xuño de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 "Aqua" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/aqua.htm. Consultado o 8 de decembro de 2011.