Hidracina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fórmula química da hidracina.

A hidracina é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco. Na súa forma sólida é de cor branca. A súa fórmula é N2H4 e obtense por reacción entre amoníaco, cloro e hidróxido sódico. É lixeiramente soluble en amoníaco e metilamina. É soluble en auga, metanol, etanol e etilenodiamida. Obtense mediante o proceso Raschig. Un dos seus usos principais é como propelente para foguetes, sobre todo como monopropelente (usado en solitario) en satélites para manter a súa órbita e en manobras de control de actitude. O seu uso en grandes foguetes caeu en desuso a favor da dimetilhidracina asimétrica (UDMH). [1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=hidracina , Dicionario da Real Academia Galega (2013). Consultado o 17 de abril de 2013.
  2. "Hydrazine" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/fuels/hydazine.htm. Consultado o 17 de abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hidracina