CloudSat
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observación terrestre. |
| Fabricante | |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 28 de abril de 2006[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta II[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
| Obxectivo da misión | Estudio das nubes na atmosfera terrestre.[2][4] |
| NSSDC ID | 2006-016B |
| Masa | 700 kg[4][5] |
| Semieixo maior | 7075,3 km[1] |
| Inclinación | 98,2 graos[1] |
| Apoapse | 708,9 km[1] |
| Periapse | 699,7 km[1] |
| Período orbital | 98,7 minutos[1] |
CloudSat é un satélite artificial da NASA lanzado o 28 de abril de 2006 mediante un foguete Delta II desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas.[4][2]
Índice |
[editar] Características
A misión de CloudSat é a altura e propiedade das nubes, determinar a súa estrutura vertical e estudar a dinámica dos sistemas de nubes.[4] Xunto cos satélites CALIPSO, Aqua, PARASOL e Aura, forma o chamado A-Train, un sistema de satélites que comparten órbita e que estudian conxuntamente a Terra.[5][2]
[editar] Instrumentos
O único instrumento de CloudSat é un radar denominado CPR (acrónimo de Cloud Profiling Radar) que funciona en lonxitudes de onda milimétricas, a unha frecuencia de 94 GHz e que mide a enerxía retrodispersada polas nubes en función da súa distancia.[4][5]
As características do CPR son as seguintes:[5]
- Frecuencia de traballo: 94 GHz
- Anchura do pulso: 3,3 microsegundos
- Ventá de datos: 0-25 km
- Tamaño da antena: 1,95 m
- Rango dinámico: 70 dB
- Tempo de integración: 0,3 segundos
- Resolución vertical: 500 m
- Resolución cruzada: 1,4 km
- Resolución ó longo: 2,5 km
- Taxa de datos: 15 kbps
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011) CLOUDSAT (inglés). Real Time Satellite Tracking. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011) Cloudsat (inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ (14 de xullo de 2006)"Note verbale dated 19 June 2006 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-55745). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011) Cloudsat (ESSP 4, P00-4) (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011) Cloudsat (inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.