Antoaneta Stefanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntoaneta Stefanova

Antoaneta Stefanova (2022)
Nome orixinal(bg) Антоанета Андонова Стефанова Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAntoaneta Stefanova
19 de abril de 1979 (45 anos)
Bulgaria Bulgaria, Sofía
Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir
21 de xullo de 2021 – 15 de setembro de 2021

Circunscrición electoral: 16th MMC – Plovdiv-city (en) Traducir

Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir
15 de abril de 2021 – 11 de maio de 2021

Circunscrición electoral: 16th MMC – Plovdiv-city (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadebúlgara
Actividade
OcupaciónXadrecista
LinguaLingua búlgara, lingua inglesa, lingua rusa, lingua castelá, lingua francesa, lingua italiana, Lingua serbocroata, lingua serbia e lingua croata Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBulgaria Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra FIDE (pt) Traducir (1990)
Mestra Internacional Femenina (1994)
Gran Mestra Feminina (1994)
Mestre Internacional (1997)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2002)
FIDE Senior Trainer (en) Traducir (2015) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.560 (2010)<
Identificador FIDE2902257 Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2012Women's Chess Olympiad 2012 (en) Traducir
2010Women's Chess Olympiad 2010 (en) Traducir
2008Women's Chess Olympiad 2008 (en) Traducir
2006Women's Chess Olympiad 2006 (en) Traducir
2004Women's Chess Olympiad 2004 (en) Traducir
2002Women's Chess Olympiad 2002 (en) Traducir
2000Olimpíada de xadrez de 2000 (pt) Traducir
1998Women's Chess Olympiad 1998 (en) Traducir
1996Women's Chess Olympiad 1996 (en) Traducir
1994Women's Chess Olympiad 1994 (en) Traducir
1992Women's Chess Olympiad 1992 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAndon Stefanov

Antoaneta Stefanova (en búlgaro: Антоанета Стефанова), nada en Sofía (Bulgaria) o 19 de abril de 1979, é unha xogadora de xadrez búlgara.

Posúe o grao de Gran Mestra Feminina de xadrez e foi campioa mundial feminina. Foi a duodécima muller en conseguir a coroa mundial, nun torneo por eliminatorias disputado en 2004 por 64 xogadoras en Elistá (Kalmukia, Rusia) e recoñecido pola FIDE.

En xaneiro de 2003 logrou unha puntuación ELO de 2.560, só superada por catro mulleres na historia (Judit Polgár, Zsuzsa Polgár, Xie Jun e Konery Humpy) e igualada por Maia Chiburdanidze e Alisa Galliamova. En novembro de 2022 a súa puntuación é de 2442.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stefanova empezou a xogar ao xadrez con 4 anos e recibiu as primeiras leccións do seu pai, Andon Stefanov. Coa súa irmá máis vella, Liana, foi perfeccionando a técnica e con sete anos logrou o título de campioa de Sofía.

En 1992, con 13 anos, participou na súa primeira olimpíada co equipo de Bulgaria en Manila (Filipinas). Gañou dúas partidas, perdeu outras dúas e en dúas obtivo táboas. En 1997 Stefanova situouse entre as 10 mellores mulleres do mundo por primeira vez. Logrou o título de Gran Mestra en 2002.[1]

Xogou co equipo de Bulgaria en cinco ocasións. En 2000 participou na olimpíada de Istambul (Turquía) co equipo masculino de Bulgaria. En 2002 logrou en Varna (Bulgaria) o Campionato de Europa feminino. Na edición de 2007, en Dresden (Alemaña) finalizou en segundo lugar tras Tatiana Kosintseva. En 2012 venceu no Mundial Feminino de Xadrez Rápido, con 8,5 puntos en 11 roldas.[2]

Dende 2015 é FIDE Senior Trainer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The chess games of Antoaneta Stefanova". Chessgames.com. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  2. Danilenkov, Roman; Karlovich, Anastasiya (4 de xuño de 2012). "Antoaneta Stefanova es Campeona del Mundo de Ajedrez Rápido". ChessBase (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]