Anortita
| Anortita | |
|---|---|
| Fórmula química: | CaAl2Si2O8 |
| Clase: | Silicato |
| Subclase: | Tectosilicato |
| Sistema cristalino: | Triclínico, pinacoidal |
| Cor: | Incolora, gris-arrubiada, branca |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 6 a 6,5 (escala de Mohs) |
| Fractura: | Irregular a concoidal |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,76 g/cm3 |
A anortita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de calcio, por definición sendo o calcio máis do 90% dos ións metálicos. É dimorfo da svyatoslavita, que ten a mesma fórmula química mais cristaliza noutro sistema distinto do triclínico.
É o extremo con calcio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo o outro extremo a albita (plaxioclasio de sodio).
O seu nome provén do grego anortos, que significa non recto, polos seus cristais oblicuos. Describiuse por primeira vez en 1823 en Italia. Sinónimos pouco usados son: indianita, amphodelita, anorthita, anorthoíta, barsovita, beffanita, ciclopita ou lepolita.
Son moi frecuentes as maclas dun cristal penetrando noutro, chegando a ser raro ver un cristal coas súas superficies enteiras sen estar cortado por outro. As maclas en láminas poden producir un canleado no cristal, producindo o efecto de estrías.
Índice |
Ambiente de formación [editar]
Encóntrase fundamentalmente en rochas metamórficas procedentes de calcarias sometidas a metamorfismo de contacto. Tamén podemos encontrala en rochas ígneas plutónicas máficas.
Polo esu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociada son biotita, auxita, piroxeno e horneblenda.
Localización, extracción e uso [editar]
Áchanse importantes depósitos en Nápoles, Campania e no monte Vesubio (Italia), así como en California e Nova Jersey (Estados Unidos). Tamén se encontra en grandes cantidades nas rochas das planicies lunares e foi encontrada en mostras do cometa Wild 2.
Como todos os plaxioclasios, a anortita posúe aplicacións industriais para fabricar cerámicas e esmaltes, aparte do interese coleccionístico.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Galerías de imaxes de anortita na Internet: [1] [2]
- Datos sobre localización de anortita(en inglés)
- Sitio web con datos de anortita(en inglés)
- Galería de minerais con información de anortita(en inglés)