Il Pigmalione

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Il Pigmalione
Pigmalión
Pigmalión e Galatea, de Jean-Léon Gérôme (1890)
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaSimeone Antonio Sografi
Fontes literariasAs metamorfoses de Ovidio
Estrea13 de outubro de 1960
Teatro da estreaTeatro Donizetti
Lugar da estreaBérgamo
Duración30 minutos
Música
CompositorGaetano Donizetti
Localización da partituraBibliothèque nationale de France, París
Personaxes

Il Pigmalione (en galego Pigmalión) é unha ópera nun acto con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Antonio Simeone Sografi,[1] baseado nas Metamorfose de Ovidio. A pesar de ser a primeira ópera composta por Donizetti en 1816, pénsase que non foi estreada ata o ano 1960, cando se interpretou no Teatro Donizetti da cidade de Bérgamo (Italia) durante o XVII Festival delle novità.

As primeiras liñas da ópera comezan coas seguintes palabras de Pigmalione:

Anche spirto né vita più darvi non poss'io
dove sei genio mio
che mai sei divenuto misero mio talento!

Historia[editar | editar a fonte]

Esta popular historia xa fóra adaptada para unha obra de teatro musical de Jean-Jacques Rousseau en Lión en 1770. Donizetti tomou o libreto de Sografi, que fora escrito inicialmente para unha ópera de Giovanni Batiste Cimador (Pimmaglione, Venecia, 1790) e empregado nunha ópera de Bonifacio Asioli (1796), que estaba, xunto coa obra de Rousseau, na Biblioteca do Liceo de Boloña.[2]

Trátase da primeira ópera do xove Donizetti, composta cando tiña 19 anos e estudaba composición en Boloña con Stanislao Mattei. A partitura autógrafa sinala como datas extremas de inicio e fin do traballo o 15 de setembro e o 1 de outubro de 1816:[3] é posible polo tanto que a ocasión fora a visita en setembro do primeiro mestre do xove, Johann Simon Mayr.[4]

A ópera non foi posta en escena mentres o compositor estaba vivo: a primeira representación tivo lugar o 13 de outubro de 1960 no XVII Festival delle novità no Teatro Donizetti da cidade natal do compositor, Bérgamo (Italia).[5] Esta representación foi dirixida por Armando Gatto, con Doro Antonioli no papel de Pigmalione e a soprano Oriana Santunione no papel de Galatea.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 13 de outubro de 1960
(Director: Armando Gatto)
Pigmalión, o Rei de Creta tenor Doro Antonioli
Galatea soprano Oriana Santunione

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia transcorre en Chipre e está baseada na famosa historia do rei e escultor Pigmalión, orixinalmente tomada do décimo libro das As metamorfoses de Ovidio. Pigmalione, consternado por non poder atopar na vida real o ideal de beleza feminina, crea unha escultura de si mesmo. Logo de terse namorado da súa propia creación, Pigmalione entoa unha oración para animar a escultura (bautizada como Galatea), e é respostada por Venus.

Análise[editar | editar a fonte]

Il Pigmalione é un modesto traballo de estudante, dunha breve duración e con tan só dúas personaxes; non obstante a soprano non intervén no final da ópera, o que provoca que "a trama careza de tensión dramática".[6]

Os dous papeis, escritos en tesituras limitadas, están discrétamente ornamentados. A partitura está pensada para pequena orquestra. Un feito único respecto das obras de Donizetti é que a partición non se divide en números, o que fai pensar que se trataba dun traballo de estudante, non destinado a ser representado.[6]

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Donizetti está pensada para unha pequena orquestra formada por:

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Elenco
(Pigmalione, Galatea)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[7]
1990 Paolo Pellegrini
Susanna Rigacci
Fabio Maestri,
Canto Association Chamber Orchestra
(CDs inclúen gravacións da ópera de Donizetti Rita, Olimpiade de Metastasio (1817), e La bella prigioniera)
Live recording, September)
CD de son: Bongiovanni
Cat: GB 2109/10-2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ashbrook, p. 597 note 30
  2. Ahbrook, p. 533 e www.italianopera.org Arquivado 21 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  3. cité par Ashbrook, p. 13
  4. hipótese formulada por Ashbrook, p. 283
  5. Osborne, p. 139
  6. 6,0 6,1 Ashbrook, p. 283
  7. Recordings on operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
  • Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
  • Weinstock, Herbert, Donizetti and the World of Opera in Italy, Paris, and Vienna in the First Half of the Nineteenth Century, Nova York: Pantheon Books, 1963. ISBN 63-13703
  • Ashbrook, William, Donizetti and His Operas, Cambridge University Press, 1982, ISBN 0-521-23526-X ISBN 0-521-23526-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]